Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2025 | Actualizada ás 16:20
Unha condutora resultou ferida tras caer co seu vehículo ao mar na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa ao sufrir unha indisposición.
Segundo detallou o 112 Galicia, o sinistro produciuse na parroquia de Caleiro sobre as 10.45 horas deste xoves. A esa hora, un particular informou á central de emerxencias do ocorrido e a Policía Local, que se atopaba no punto, solicitou colaboración para poder rescatar ao ferido.
Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Salnés, Garda Civil de Tráfico e servizos de mantemento da estrada.
Pouco despois, os medios de emerxencias desprazados ao lugar confirmaron que o implicado xa estaba na ambulancia na que sería trasladado ao centro hospitalario de referencia. A continuación, un guindastre encargouse da retirada do vehículo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.