'Outono a escena', dez anos programando artes escénicas e musicais en Arzúa

O programa dinamizará as fins de semana de outubro e novembro con actividades culturais e de lecer para todos os públicos.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 06/10/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O "Outono a escena" que organiza o Concello de Arzúa ofertará trece propostas culturais repartidas nos meses de outubro e novembro e de acceso libre e de balde ata completar aforo. A programación terá como escenario principal o da Capela da Madanela que acollerá neste tempo diversos espectáculos para todos os públicos repartidos nos chamados Venres na Capela para público adulto e os Sábados en familia para público infantil e familiar.

Baobab Teatro. Foto cedida Concello de Arzúa.
Baobab Teatro. Foto cedida Concello de Arzúa.

As propostas dos Sábados en familia, que empezaron o pasado sábado 4traerán tamén unha función de teatro infantil o día 18. Desta vez a compañía Caramuxo Teatro representará a obra A nena que vivía nunha caixa de mistos.

No mes de outubro tamén se agardan outras propostas para público adulto, dentro dos Venres na Capela coas funcións de teatro a cargo de Talía Teatro con A parábola do angazo o día 10 e con Tarabela Creativa e o seu espectáculo Vaites, rapariga! o venres 24 de outubro. Ambas citas serán ás 21:00 h.

Para pechar o mes, a Casa da Cultura acollerá o venres 31 un gran espectáculo de danza, poesía e música sobre a emigración. Titúlase Na cerna do son e chega a Arzúa da man de Gallaecia Eventos grazas á colaboración entre o Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña para levar a cabo no noso municipio está función incluída no programa Outono das artes que impulsa o ente provincial.

A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro con monólogo, teatro cómico e actividades dirixidas ao público escolar para conmemorar o Día do Infancia.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza a “participar desta completa programación pensada para todos os públicos como lugar de encontro e entretemento nas tardes de outono”. Ademais, destaca “a importancia da colaboración cos centros educativos programando numerosas actividades en horario lectivo asegurando así a participación de centos de nenos e nenas na programación cultural do noso concello”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta