Galicia comeza a sufrir a escaseza de auga

A reserva dos encoros galegos baixa ao 60%. Os encoros de Galicia Costa están por baixo do 44% da súa capacidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2025 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A reserva dos encoros galegos baixou a 2.229 hectómetros cúbicos, 111 menos que a semana pasada, de forma que se sitúa no 60% da súa capacidade. No entanto, existe unha diferenza de 20 puntos entre os encoros de Miño-Sil (63,7%), os máis caudalosos, e os de Galicia Costa (43,9%).

A auga almacenada en Miño-Sil é de 1.929 hectómetros cúbicos, por baixo do dato a estas alturas en 2024 e da media da última década. No caso de Galicia Costa, os encoros tamén están por baixo tanto do dato de inicio de outubro de 2024 e da media do dez anos pasados.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño, a 4 de novembro de 2023, en Ourense / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press
O encoro de Velle liberando auga do río Miño, a 4 de novembro de 2023, en Ourense / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta