Preto dun centenar de gasolineiras súmanse ao programa que facilita retirar efectivo en estacións do rural galego

O prazo para adherirse a esta iniciativa está aberto todo o ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2025 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

Galicia conta con preto dun centenar de estacións de servizo que ofrecen a posibilidade de retirar diñeiro en efectivo nos seus establecementos. Esta medida enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Economía e Industria, a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) e Abanca e permite que un bo número de concellos do rural galego con menos de 20.000 habitantes poidan ampliar a súa carteira de servizos.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, un total de 89 estacións de servizo ofrecen actualmente a posibilidade de que clientes de cartóns de débito emitidas pola entidade bancaria poidan dispor de efectivo de forma gratuíta. Para iso contan con 110 terminais de puntos de venda (TPV) de última xeración habilitados para facer pequenas retiradas de diñeiro. Por provincias, A Coruña ten 57 establecementos adheridos (69 TPV), Pontevedra con 17 (21 TPV), Lugo con 8 (10 TPV) e, finalmente Ourense con 7 (10 TPV). A Xunta lembrou que o prazo para adherirse a esta iniciativa permanece aberto todo o ano.

Unha persoa enche nunha gasolineira
Unha persoa enche nunha gasolineira | Fonte: Foto de arquivo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta