Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2025 | Actualizada ás 18:11
O BNG celebrou este 12 de outubro en Nebra unha homenaxe ás mulleres asasinadas en 1916 pola garda civil, cando foron abatidas e máis de 30 persoas resultaron feridas por defender os seus dereitos fronte "ao pago inxusto de impostos" ao Goberno. A vicepresidenta segunda do BNG en Parlamento de Galicia e deputada do BNG, Montse Prado, incidiu en que aquel episodio é "un símbolo" da resistencia galega fronte ao "centralismo e a inxustiza" e lembrou que a memoria desas mulleres "é semente de futuro".
Montse Prado denunciou a "dependencia política e económica" de Galicia e o "espolio continuado" dos seus recursos "por parte do Estado e das multinacionais". "Madrid decide canto e cando nos entrega o diñeiro que é noso, mentres nos expolian miles de millóns cada ano e destrúese o territorio con proxectos como Altri ou o espolio eólico", advertiu. A deputada afirmou que, actualmente, "do mesmo xeito que en 1916, hai unha cidadanía viva, activa e rebelde" que "non cala ante o espolio, nin ante a deterioración da sanidade, do ensino ou dos servizos públicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.