O Comité Intercentros da CRTVG denuncia o uso "perverso" que o PPdeG fai do ente público

Os populares non acudiron a unha xuntanza convocada co Comité para abordar a creación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos e a entrega de 359 sinaturas apoiando a súa constitución.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/07/2016 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros da CRTVG denuncia que o PPdeG está a empregar este órgano público "ao servicio partidista" desta formación e que segue a liña ditada polo director xeral de suspensión de diálogo coa parte sindical, despois da protesta na redacción contra a manipulación informativa que se fixo no caso das escoitas do ministro de Interior en funcións, a pasada semana, que non se emitiron na cadea pública.

Protesta dos traballadores da TVG
Protesta dos traballadores da TVG | Fonte: Comité Intercentros CRTVG.

Nun comunicado, critican que os catro conselleiros nomeados polo PP non Consello de Administración da CRTVG non se presentaron a xuntanza convocada este luns cos representantes do persoal, sen que se desconvocara formalmente a xuntanza, que tiña como obxectivo propoñer a posta en marcha do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos.

Dende o Comité Intercentros valoran este desprezo como "unha falta moi grave a representación sindical, aos das traballadoras e traballadores da corporación e o mesmo órgano". Precisamente no mesmo acto tamén se entregaron 359 sinaturas dos traballadores e traballadoras da CRTVG reclamándolle ao Consello de Administración que poña en marcha o procedemento de creación do Estatuto e o Consello.

Os que si acudiron a xuntanza foron os dous conselleiros propostos polo PSdeG, que recolleron as reivindicacións dos representantes sindicais. Aseguraron que van a propoñer, unha vez máis, o cumprimento da lei, levando ao pleno do Consello de Administración, para que se axilicen ao máximo os prazos.

Dende o Comité Intercentros din que detrás desta ausencia hai un obxectivo; "atrasar ao máximo a creación dun órgano como pode ser o Consello de Informativos, que cuestione o traballo de xeito profesional as protestas contra a manipulación das que agora se canalizan a través do Comité e do blog eunonmanipulo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Suoerg

Lo mejor que le puede pasar a la CRTVG es que la cierren cuanto antes. El que quiera verla que la pague. Y luego que sigan con la RTVE, TV3 y resto de chiringuitos televisivos autonómicos llenos de inútiles y enchufados que ganan el doble de lo que se gana en cualquier televisión privada.

1 knight

Dáme a impresión de que tí eres bastante inútil, e no caso de que esteas traballando, obviamente será por enchufe...non?