Novos recortes no ensino público

Educación publica no DOG o catálogo de prazas para o curso próximo. Nos últimos cinco anos pecháronse case sesenta escolas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/07/2016 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino, principal sindicato no sector, vén de denunciar que a Consellaría de Educación aproveita outra vez as datas de verán para recortar unidades e postos de traballo. En concreto as unidades suprimidas son un total de 84 e os postos de traballo son 133. Fronte a isto, as unidades creadas son só 16 e os postos aos que dan lugar non pasan de 32. O balance é pois de 68 unidades e 101 postos de traballo menos.

Nenos nunha escola infantil
Nenos nunha escola infantil | Fonte: centros.edu.xunta.es

Os datos da central son que a Consellaría suprime  13 escolas unitarias; 5 unidades e postos de traballo nos Centros Rurais Agrupados;  66 unidades e 115 postos de traballo en Centros de Educación Infantil e Primaria, que se corresponde con 30 unidades de Educación Infantil e 36 de Educación Primaria.

A CIG-Ensino sinala que dos 133 postos suprimidos, 10 son de departamentos de orientación, o que significa que 10 centros perden os seus Orientadores/as a tempo completo. Ademais suprímense tamén 16 postos de Orientadores/as compartidos/as. É dicir, 26 centros empeoran a súa dotación para atender as necesidades educativas específicas. A isto engade a supresión doutros 9 postos de Pedagoxía Terapéutica e Audición e linguaxe.

Estas cifras súmanse ás de anos anteriores resultando que, en cinco anos, a Consellaría de Educación leva suprimidas 59 escolas e 398 unidades. Todo isto mentres se manteñen ou incrementan os orzamentos destinados á privada.

Escola Unitaria de Sillobre, en Ferrol
Escola Unitaria de Sillobre, en Ferrol | Fonte: ferrol360.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Anónimo

Não poden investir nas escolas privadas, mais os que comentaron abaixo teñen razón. Não se lle pode botar toda a culpa á Xunta polo peche de escolas, cando não existen nenos pra estudar.

2 Galegus

Pero mira que sodes sectarios e cabestros. Debedes ser os únicos galegos que aínda non se decataron de que cada vez hai menos críos. Por iso péchanse escolas

1 Euloxio

Home, chamar "recortar" a pechar unha escola con só 3 alumnos...