Temas: EN MAREA

Deputados de En Marea aproveitan a toma de posesión para reivindicar o galego

Alexandra Fernández e Fernán Vello, de Anova, e Yolanda Díaz, de EU, usaron o galego para proclamar que "o pobo é quen ordea".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/07/2016 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

Os deputados de Unidos Podemos e os seus socios das confluencias volveron aproveitar o acatamento da Constitución ao tomar posesión dos seus escanos no Congreso para lanzar mensaxes e, en concreto, os de En Marea proclamaron que "o pobo é quen manda", á vez que reivindicaron o galego, ao empregar esta lingua nas súas mensaxes tanto na Cámara baixa como na alta.

Alexandra Fernández intervén no Congreso
Alexandra Fernández intervén no Congreso | Fonte: congreso.es

"O pobo é quen manda", defendeu en galego a voceiro de En Marea, Alexandra Fernández, de Anova. Nesa mesma liña, o seu compañeiro en Anova Miguel Anxo Fernán Vello e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida, tamén introduciron na súa breve alocución a proclama "o pobo é quen máis ordena".

No caso de Alexandra Fernández tamén agregou que promete a Carta Magna "sen renunciar aos principios republicanos", mentres que Díaz, tamén proclamou que seguirá "loitando polo que resulta moralmente xusto e defendendo á xente" e Fernán Vello prometeu o seu escano "como cidadán galego, pola defensa das clases populares".

Pola súa banda, Antón Gómez-Reino, de Podemos, prometeu o seu escano "polas institucións ao servizo da cidadanía e do pobo galego", mentres que a súa compañeira de partido, Ángela Rodríguez, comprometeuse a acatar a Constitución "e traballar para mellorala", unha mensaxe similar á lanzada polo líder do partido morado, Pablo Iglesias, puño en alto. "Por un país sen medo nin violencias machistas", agregou a deputada por Pontevedra.

Finalmente, no Senado, Vanessa Angustia tamén empregou o galego para reivindicar que prometía a Carta Magna "sen renunciar" aos seus "principios republicanos". A senadora comprometeuse a poñer as institucións ao servizo da clase traballadora". "Non pasarán", concluíu.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Vieiras_tóxicas

Lusismo e españolismo, a mesma loita

4 Bufffff

Mais que o galego, reivindican os chiringos do galego. Dito en fino, as redes clientelares e de poder que xiran arredor do gallego, as subvencións, os postos de traballo inútiles onde colocan aos camaradas, poñamos por caso de técnicos de normalización lingüística. Lóxica non ten ningunha. O galego perdeu o tren hai moitos anos e saben que non o vai alcanzar; apenas ten cultura escrita, ten un vocabulario moi limitado e carece en absoluto de ciencia ou técnica, así que reivindicar o galego --insisto que para min o que reivindican son os chiringos-- é unha extravagancia que equivale a reivindicar o atraso e a ignorancia.

1 Hermerico

Concordo totalmente, o gallego é um dialecto do espanhol que nom serve para nada

2 balbino

Mama mía como andamos a estas alturas, cartos???? pero mira que sodes bobos, coa décima parte do que se lle regala a un medio en castelán págase todas as iniciativas a favor do galego, nunca entenderei ese odio hacia o noso, así nos vai que estamos a anos luz de Euskadi en benestar, nivel de renta, traballo, coidado do medio, universidades, cultura... pero aquí hai moito liiiiiiiiiiiiiiiisto.

3 Flilpando

O lusista Hermerico e o falanxista coruñés de garda no GC coinciden. Deberían ir xuntos ás eleccións.

4 Bufffff

Intelixente comentario o do turiferario do Neira Vilas co y tú más. Se aquí houbera Xustiza ti estabas hai tempi no talego por facer apoloxía do latrocinio.

5 balbino

El y tú más nom vale de nada pero sempre cadra que os españolitos solo vós molestan as ínfimas axudas o galego, e nom as millonarias os medios en castelán ou incluso as da fundación Francisco Franco.

3 podreiros!!!! podreiros!!!!

esta todo cheo de -vieiristas orneando... o que vimos hoxe foi un espectaculo lamentable o de podreiros... como si fose todo de patio de colexio... unha vergonza ... soamente faltou que nomeasen senador o vello (perdon o fosil da cuaternaria) o politico chamado o -Vieiras... estades demostrando o que sodes e xa o demostrachedes no AGE (LEMBRAMOS A FERROLITA CANDO ATACABA A FRIJOLES DECINDO QUE IA IR A POLITICA DE MANDRILES, E RESULTA CA QUE FOI E ELA MESMA, E COMA MINIMO UNHA APROVEITADA UNHA LERCHA E UNHA SINVERGONZA) podreiros e xa peideiros...

2 Enxeñoso deputado cervantino

Boa xogada o teatro do primeiro día agora a seguir pedindo Cervantes

1 Hermerio

Pois sim, por se alguém nom o sabia, o friki do Fernán Bello dixo aos espanhóis que nom celebrárom bastante o centenário de Cervantes

1 Héctor Sánchez

As "xenialidades" do PSOE: NON PACTAR CON UNIDOS PODEMOS-AS CONFLUENCIAS, NEN COS INDEPENDENTISTAS. O pragmatismo -e hipocrecía- do PP: PACTAR COS INDEPENDENTISTAS, e lograr a Mesa do Congreso

1 Espabilade

E Desunidos-Non Puidestes tampouco quixestes pactar nada con ninguen so enviastes nota de prensa dicindo que todo o mundo tiña que votar ao voso candidato porque si. Ben feito xenios