GC Aberto

Mozos galegos viaxan a Uganda para participar nunha iniciativa de cooperación ao desenvolvemento

13 mozos solidarios empregarán as súas vacacións na posta en marcha dun Programa de Apoio á Educación en Uganda e na construción dunha escola na zona de Kimbo (distrito de Gomba). Como paso previo farán noite en Istambul.

Por CMEstila | GC ABERTO | 20/07/2016

Comparte esta noticia

Cunha mestura de nervios, ilusión, responsabilidade e ansias por saír xa se deron cita hoxe no Aeroporto do Porto un grupo de mozos que saen cara a Uganda para levar a cabo unha actividade de cooperación ao desenvolvemento organizada polo Colexio Maior Universitario La Estila

Esta actividade estivo ata o último momento no aire, xa que por ligazóns de voos os voluntarios ven obrigados a facer noite en Istambul. Ata esta mañá non se tomou a decisión final de continuar adiante coa viaxe xa que a oficina consular española en Turquía consideraba que podían non darse as circunstancias adecuadas e desaconsellaba a viaxe. Finalmente o grupo partiu sen novidade 

Os universitarios realizarán varias accións solidarias en beneficio dunhas comunidades pobres que se algo teñen é simpatía e agradecemento para repartir. Estes mozos decidiron cambiar o sol e a praia por cemento e ladrillos, para mellorar as posibilidades educativas de neno e nenas dunha pequena aldea de África.

Os voluntarios pasarán en Uganda 3 semanas en Kimbo (Distrito de Gomba), a 80 km. de Kampala, capital de Uganda, traballando cun grupo de mozos ugandeses na construción e acondicionamento de escolas infantís.

Este Campo de Traballo promovido e organizado polo Colexio Maior La Estila, conta tamén coa colaboración entre outras entidades da ONG Cooperación Internacional, da Fundación Montecelo e a ONG ugandesa Kelim Foundation, responsable de proporcionar axuda técnica.

Os beneficiarios directos do proxecto cífranse ao redor de 100 familias e 400 nenos do distrito de Gomba. De modo indirecto beneficiaranse máis de 8.000 persoas, entre nenos, novos e mulleres, desa zona próxima a Kampala.

O "rograma de Formación de Líderes Solidarios", que desenvolve o Colexio Maior La Estila complétase ao longo do curso académico con outras iniciativas tales como, visitar asilos da cidade, colaborar na escolarización e apoio de nenos inmigrantes, visitar os martes pola tarde a Escola Infantil do Hospital Clínico de Santiago, etc.

O grupo de voluntarios españois, ao que se sumarán outros mozos ugandeses, está integrado por Daniel Núñez Hernández, Antonio Legeren Molina, Hanko Kollmann, Gonzalo Rodriguez de Uña, Luís Miguel González, Javier Galiñanes, Elias Urrutia, Miguel Igrexas, Alejandro Paz, Alejandro García, Mateo Alonso, Andrés González e Antonio Abad

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta