Nota.- Os educadores critican a Feijóo por chamar a "insumisión" en materia lingüística

A coordinadora galega de ENDL considera "inadmisible" o incumplimento da lexislación educativa por parte de Alberto Núñez Feijóo e asegura que o novo presidente está chamando á "insumisión" para non cumprir o decreto do ensino do galego...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/04/2009 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Neste momento está en vigor o Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo e que procura que o alumnado reciba un 50% de clases en lingua galega, para así poder garantir que sexa competente nas dúas linguas da comunidade, algo que só se pode conseguir se o alumnado aprende galego pero tamén "en galego".

Coas medidas postas en práctica no Decreto, non se atentou contra ningún "dereito civil", polo tanto o noso colectivo non entende porque se fala de "repoñer os dereitos civís nas aulas". A Coordinadora non dá creto a esta chamada á "insumisión" baixo o discurso da liberdade que deixa na elección do alumnado e do profesorado a lingua das clases, cando está lexislado mediante un Decreto que se estaba comezando a aplicar e que aínda non foran avaliado.

Os integrantes da Coordinadora Galega de ENDL tamén mostran a súa sorpresa polo momento e a forma en que sae esta noticia. Tras un discurso de investidura no que se repetiu ata a saciedade a palabra consenso, promove esta medida sen contar coas persoas e entidades que están implicadas directamente no proceso educativo e/ou con todos aqueles que participaron na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento. Dá así a impresión de que os "votos prestados" dos que falaba neste días o Conselleiro de  Educación, o sr. don Jesús Vázquez, pesan máis ca calquera intención real de consenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

17 Esto es lo que pensáis, en el fondo: FACHAS

É verdade, Feijoo ten que dimitir e renunciar ao goberno que, por naturaleza e lexitimidade corresponde ao BNG, auténticos e únicos interpretes da vontado do pobo de Galiza ao que eles represetan. Os cidadáns galegos que votaron nun 86% a foras políticas non-nacionalistas, en verdade, no sabían o que estaban a facer, o seu voto é un voto ilexítimo, pois, é o voto do auto-odio. A verdadeira democracia a aquela que entrega o poder aos seus lexítimo representantes, ao Partido de Galiza, ao BNG. O voto real dos galegos só proba que está alienados, fora de sí, que non estenden o verdadeiro ser e esencia de Galiza. Se Galiza fose unha nacion democrática non asoballada polo Estado fascitas español, hoxe gobernaría o BNG.

16 anónimo

veña anda, a sociedade galega quererá ereccións anticipadas, para voltar outra vez ao noxo da campaña

15 anónimo

Feijoo non é san, é un enfermo de fanatismo. A sociedade galega quere eleccións anticipadas xa.

14 anonimus

teño que dicir a verdade,eu votei ao touro e ahora non voltaria a facelo.arrepintome.non sei coma pude coller a papeleta do derrochador.sintóo.

13 anónimo

Coño, non será para tanto, que inda nin empezóu. Agora, metendo opusinos e falangistas non creo que a cousa teña boa pinta no futuro... canto peor o faga millor dentro de catro anos, e pasan pronto, que llo pregunten aos difuntos (políticamente) de Quin e Touriño