A UPG e EI avanzan posicións

Nos últimos días trascendeu xa a existencia de contactos importantes para a consecución dun pacto de mínimos entre a UPG e o Encontro Irmandiño, que lidera Beiras, de cara á Asamblea Nacional da vindeira fin de semana...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/05/2009 | Actualizada ás 09:19

Comparte esta noticia

None

Entre Máis BNG, o grupo que acolle aos quintanistas e a outros grupos da fronte nacionalista xa dan por feito este acordo e apuntan que tanto a UPG coma EI xa teñen feito unha división da futura Executiva así como designado ao próximo voceiro nacional. Este acordo, avanzado xa por renovarobng recolle dúas posibilidades; que Máis BNG se integre nesta lista logo da Asamblea Nacional ou non. No primeiro caso, habería unha Executiva de 15 membros: 7 da UPG, 5 de Máis BNG, 3 de EI. No segundo caso; a UPG contaría con 10 membros e EI, 5. Ambas as forzas tamén recollen a posibilidade de incluír a un membro de Movemento Galego polo Socialismo (MGS) en función dos resultados que colleiten. Nas dúas posibilidades a UPG reservaríase o portavoz nacional e a Secretaría de Organización, deixando como elemento negociador ao Coordinador da Executiva. Ambos os dous grupos tampouco aceptan vetos a ningún dos seus membros; é dicir, que tanto Xosé Manuel Beiras, coma Francisco Rodríguez poderán formar parte da Executiva.

Neste suposto acordo non participarían dous dos sectores que formaron parte das Listas Abertas, promovidas por EI; Esquerda Nacionalista e algúns camilistas con Nogueira á cabeza. O primeiro grupo é partidario de apoiar aos quintanistas e o segundo mantense, polo momento, á marxe de calquera pacto. Con todo, e segundo apuntan fontes de EI e da UPG, "non hai pacto ningún" e aseguran que tanto EI como a UPG presentarán listas propias á asamblea. "Todo é unha montaxe dos quinistas para tentar apañar máis votos", apuntan dende unha destas candidaturas.

Pola súa banda, entre os membros do quintanismo hai diferentes opinións sobre a posibilidade de incluírse nese futuro pacto. A priori, todos están dacordo en que non haxa acordos nin conversas para futuros acordos (tal e como teñen feito EI e a UPG) ata despois da Asamblea Nacional. Sen embargo, os intereses son diferentes en relación aos resultados do cónclave e co pacto entre EI e a UPG enriba da mesa. Hai un grupo que desbota entrar nese pacto e que se mantería na "oposición" dentro do novo BNG, mentres que outro grupo apostaría por negociar con EI e a UPG pero "coas nosas condicións" e en función dos resultados da asamblea. "Está claro quen é o máis coherente neste proceso", apunta un dirixente desta corrente que carga as súas críticas contra EI. "Non eran eles os que dicían que quen mandaba era a militancia?. Pois parece que nin esperan a que fale a militancia. Puñan a parir á UPG e resulta que agora botanse nos seus brazos. A verdade é que, aquí, quen sempre sae gañando é a UPG", ironiza. "O principal problema é que hai dous actores; Francisco Rodríguez e Xosé Manuel Beiras, que queren seguir pivotando a formación como se estiveramos no ano 82 e non se dan conta de que os tempos cambian e o líderes tamén", apunta outro dirixente.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 anónimo

+ BNG non da máis que pena, son unha panda de trepas sen ningún respaldo na socidade. O modelo Quin de emular a o PP é penoso.

9 Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » Puntualizacións do Encontro Irmandiño

[...] P.S.: Para aqueles que nos acusan de fabricar informacións, recomendamos a lectura do GaliciaConfidencial de hoxe. Se cadra alguén pensa que nós temos capacidade para marcar a liña editorial de toda a prensa galega... Do Faro até La Voz, que xa publicaron informacións semellantes. [...]

8 Galiciaconfidencial

Xisco, en ningún momento se pretende manipular. Tamén se alude aos quintanistas para referirnos a +BNG. En todo caso, e para aclarar, cando falamos de UPG referimonos á Alternativa pola Unidade (APU), formada maioritariamente por militantes da UPG e na que se inclúen algúns independentes. Podedes acceder a páxina do seu candidato en http://www.guillermevazquez.org/web...

7 anónimo

e por qué ao novo bloque non lle chamamos UPP ou UPR (Unión do Povo do Paco ou Union do Paco_Ro)

6 xisco

Moléstame moito a manipulación da prensa, incluido a que se fai nesta páxina. APU non é só a UPG, senón centos e centos de independentes. Cando o redactor do texto fala sempre da UPG fronte a +BNG está a manipular. O modelo de Quin foi o que nos levou a onde estamos. Moita cúpula e nada de base. A ver se agora o delfín de Quin e o que nos vai salvar... Mais lealdade, menos mentiras e menos manipulación consentida cando interesa.