Os movementos da CRTVG en Lugo

Os traballadores das Delegacións da TVG en Galicia remitironnos un novo comunicado no que denuncian as modificacións que está a levar a cabo a compañía, logo das denuncias contra ela. Segundo eles, a dirección "trata de aparentar unha legalidade, polo visto, inexistente ata o de agora"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/10/2006 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

Elimina a figura do Delegado/a, responsable da TVG nas Delegacións, e substitúe esa figura pola dun Coordinador contratado directamente polas Productoras.

O primeiro paso tralo coñecemento oficial das denuncias foi eliminar a figura do Delegado, que era un traballador contratado pola propia compañía, que traballaba en cada Delegación e que era vínculo directo entre a Televisión de Galicia e os traballadores das Delegacións.

Decidiron ordenar ás productoras que puxeran en funcionamento a figura do Coordinador coas mesmas funcións que o que ata este momento era delegado/a, pero que estará contratado directamente pola productora o que elimina a figura dun traballador da Galega no que eles consideran que non é a súa Delegación..

Así pretenden acabar cun baleiro legal mantido ata o de agora e dar a imaxe de que entre Delegacións e Compañía non existe ningún tipo de vínculo laboral. O que é rotundamente FALSO.

Se ata o de agora as ordes chegaban ós traballadores das Delegacións a través dos responsables da TVG, agora será a través dun traballador contratado pola productora.

Pensan que así rompen calquera vínculo real entre os traballadores de San Marcos e os das diferentes provincias.

Dáranse situacións tan esperpénticas como a da Delegación de Vigo, onde os traballadores quedan nun piso e a Delegada marcha para o piso de arriba prohibíndoselle todo contacto directo cos traballadores.

Os delegados de Lugo e Ourense, por exemplo, foron desprazados dos seus postos..

A orde, aínda que saíu directamente de San Marcos, chegou ós traballadores da man das propias productoras.

Desta orde chegaron unidas ameazas veladas para que tódolos traballadores retirasen as súas demandas. Pero o certo é que agora está en xogo tamén a nosa dignidade como traballadores dunha empresa que de súpeto nos rexeita.

Os traballadores das Delegacións da CRTVG, cremos que é indigno o tratamento que estamos a recibir de San Marcos. De repente, tratan de dar unha imaxe de desvinculación total con nós cando é completamente FALSA.

Traballamos exclusivamente para eles, aínda que é posible que a partir de agora tamén provoquen un cambio nesa situación; recibimos ordes directament dos nosos xefes de informativos de Santiago; aínda que está claro que agora pretenden que a situación, polo menos aparentemente, cambie; somos a súa imaxe e facemos un producto exclusivo para os informativos da compañía e deso non hai NINGUNHA DÚBIDA.

Non entendemos esta actitude da Compañía que, despois de coñecer a existencia de denuncias dos seus traballadores que só reclaman os seus dereitos, deciden modificar substancialmente as súas condicións de traballo.

Algúns traballadores levan anos cumprindo coa Galega e agora só reclaman ese cambio tan prometido pola nova dirección do Ente.

Non queremos nada que non nos corresponda, pero non entendemos como poden tratarnos como a traballadores externos á casa cando SEMPRE traballamos ó seu servizo.

Agora o que máis nos chama a atención é que a súa actitude sexa disfrazar unha situación insostible dándolle a apariencia de normalidade.

Crear novas figuras de forma repentina e eliminar os lazos de unión entre Delegacións e Central en San Marcos, só nos da a razón e confirma a xustiza das nosas reivindicacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

25 denun.

Moinante, vou entendendo o que dis, pero quero deixar claro que as contratacions que eu coñezo, sempre fora de San Marcos, non foron literalmente "a dedo", a maioria eran profesionais que estiveron no momento e no sitio nos que se necesitaba un perfil como o que eles tiñan, no meu caso por exemplo non houbo mais recomendacions que as propias dun entorno profesional caracteristico como é o audiovisual, NIN UNHA SOA RECOMENDACIÓN POLITICA, decir que esto e contratación "a dedo" e como chamarlle enchufado a un camareiro que pasea por Londres no mes de xullo, completamente inxusto.
Estas denuncias fan patente a situacion, e non vos enganedes, se se gaña o xuizo, as nosas prazas non son fixas, pasamos a ser personal laboral do ente, e por tanto estaremos suxetos a unhas oposicións, que aprobaremos , ou non.
Ahi cada un que mostre a sua valia como profesional, e as oposicions que sexan o mais xustas posibles, ainda asi, sabemos que as opos poden sorrirlle a uns mais ca outros, pero de momento asi estan as cousas, e cada un que durma coa sua conciencia, eu durmo de puta madre.

24 O moinante

Sabemos que o actual Régime político é do mais corrupto da Europa. Vai-lhes bem que estemos bombardeados com o da ETA, mentres a corrupçom é consustancial a toda actividade económica e laboral. Nom me extranha que fosse umha promesa a legalizaçom da ilegitimidade dos contratos feitos a dedo nos orgánismos públicos, e parte do jogo... das mentiras e da falsidade desta democracia como lhe chamam eles. O que si é certo que se nom comes nom vives, e se o comer depende da arbitrariedade do outro, é o outro quem é dono de ti, ai a cerne do capitalismo e da privatizaçom dos bens públicos. Um jeito de apropiar-se dos mesmos, é que os políticos de turno asignem os trabalhos polo dedo, aos afines, amigos, familiares, etc...
Nom se pode dizer que defender a corrupçom seja emancipador.

23 denun.

Para Carlos/serxio, non mezcles churras con merinas, que como xa se dixo noutro foro un enchufe non e que che den un posto en precario, senon un gran bombazo.
Moita da xente que denuncia esta mais lonxe do pp do que se pensa, e o motivo principal de todo isto e unha reclamación de dereitos laborais, que calquera que este traballando en precario ten dereito de facer.
Unha vez que se aclare o que agora mismo é ilegal, listo, que saquen a oposicion da que fala moinante, pero sin discriminacions cos que traballan mais e cobran menos.
E volvo recordar, o fin da precariedade laboral no ente foi unha promesa electoral, e tanto os que os votamos como os que non os votaron temos dereito a reclamar que unha promesa electoral se cumpla, a ver si os politicos van ter que ir o notario na campaña, como o outro, solo faltaría.

22 O moinante

A cousa tem fácil apanho. Se os postos de trabalho som precisos, precisara-ase pessoal ajeitado para o mesmo. Pois bem, convoca-se umha oposiçom para cubrir as praças, e acabou-se o conto. Quem até agora trabalhou polo dedo, que nom se queixe, está ai com umha ilegitimidade, por tanto o posto de trabalho nom é seu. E todos os que entrárom por enchufe a puta rue.

21 carlos

Está ben que vos queixedes pola vosa situación laboral, pero moitos non vos olvidedes que estades no voso posto de traballo por enchufe. Cántos dos que se queixan agora entraron enchufados? Cántos están ocupando un posto de xornalista sen ser licenciados? Cántos están ocupando un posto de traballo que non llo deron a outr porque non era do PP?