Os movementos da CRTVG en Lugo

Os traballadores das Delegacións da TVG en Galicia remitironnos un novo comunicado no que denuncian as modificacións que está a levar a cabo a compañía, logo das denuncias contra ela. Segundo eles, a dirección "trata de aparentar unha legalidade, polo visto, inexistente ata o de agora"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/10/2006 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

Elimina a figura do Delegado/a, responsable da TVG nas Delegacións, e substitúe esa figura pola dun Coordinador contratado directamente polas Productoras.

O primeiro paso tralo coñecemento oficial das denuncias foi eliminar a figura do Delegado, que era un traballador contratado pola propia compañía, que traballaba en cada Delegación e que era vínculo directo entre a Televisión de Galicia e os traballadores das Delegacións.

Decidiron ordenar ás productoras que puxeran en funcionamento a figura do Coordinador coas mesmas funcións que o que ata este momento era delegado/a, pero que estará contratado directamente pola productora o que elimina a figura dun traballador da Galega no que eles consideran que non é a súa Delegación..

Así pretenden acabar cun baleiro legal mantido ata o de agora e dar a imaxe de que entre Delegacións e Compañía non existe ningún tipo de vínculo laboral. O que é rotundamente FALSO.

Se ata o de agora as ordes chegaban ós traballadores das Delegacións a través dos responsables da TVG, agora será a través dun traballador contratado pola productora.

Pensan que así rompen calquera vínculo real entre os traballadores de San Marcos e os das diferentes provincias.

Dáranse situacións tan esperpénticas como a da Delegación de Vigo, onde os traballadores quedan nun piso e a Delegada marcha para o piso de arriba prohibíndoselle todo contacto directo cos traballadores.

Os delegados de Lugo e Ourense, por exemplo, foron desprazados dos seus postos..

A orde, aínda que saíu directamente de San Marcos, chegou ós traballadores da man das propias productoras.

Desta orde chegaron unidas ameazas veladas para que tódolos traballadores retirasen as súas demandas. Pero o certo é que agora está en xogo tamén a nosa dignidade como traballadores dunha empresa que de súpeto nos rexeita.

Os traballadores das Delegacións da CRTVG, cremos que é indigno o tratamento que estamos a recibir de San Marcos. De repente, tratan de dar unha imaxe de desvinculación total con nós cando é completamente FALSA.

Traballamos exclusivamente para eles, aínda que é posible que a partir de agora tamén provoquen un cambio nesa situación; recibimos ordes directament dos nosos xefes de informativos de Santiago; aínda que está claro que agora pretenden que a situación, polo menos aparentemente, cambie; somos a súa imaxe e facemos un producto exclusivo para os informativos da compañía e deso non hai NINGUNHA DÚBIDA.

Non entendemos esta actitude da Compañía que, despois de coñecer a existencia de denuncias dos seus traballadores que só reclaman os seus dereitos, deciden modificar substancialmente as súas condicións de traballo.

Algúns traballadores levan anos cumprindo coa Galega e agora só reclaman ese cambio tan prometido pola nova dirección do Ente.

Non queremos nada que non nos corresponda, pero non entendemos como poden tratarnos como a traballadores externos á casa cando SEMPRE traballamos ó seu servizo.

Agora o que máis nos chama a atención é que a súa actitude sexa disfrazar unha situación insostible dándolle a apariencia de normalidade.

Crear novas figuras de forma repentina e eliminar os lazos de unión entre Delegacións e Central en San Marcos, só nos da a razón e confirma a xustiza das nosas reivindicacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

20 serxio

Está ben que vos queixedes pola vosa situación laboral, pero moitos non vos olvidedes que estades no voso posto de traballo por enchufe. Cántos dos que se queixan agora entraron enchufados? Cántos están ocupando un posto de xornalista sen ser licenciados? Cántos están ocupando un posto de traballo que non llo deron a outr porque non era do PP?

19 EMORVISA

DONA REDACCIÓN TVG VIGO

Morta dun ataque privatizador bipartito. Casa mortuoria Gran Vía 6, non se recibe "duelo". O seu home: San Marcos Bando,as súas irmás: ETT MIX, Precariedade e Subcontratación. O seu primo: Comité de Empresa(ausente), o seu padriño: goberno bipartito(ausente) pregan unha oración pola súa alma, polo seu eterno descanso e a asistencia á condución do cadáver ata Policarpo Sanz 40( de momento).
As honras fúnebres terán lugar de corpo presente no mesmo fogar mortuorio cun botellón que terá lugar o propio día do pasamento.
Absterse produtoras á rapañota das partillas.

18 arrasando coa galega

E quen carallo pensa que os votou ós bipartitos? Nós os precarios, coa ilusión do cambio. Eles saben que van moi xustos e connosco perderon moitos votos. Nada cambiou en Galiza: subcontratacións, incendios, empanada a esgalla e vellos.... Só son novos os platós do telexornal. Fraga escacha coa risa. Alberto, presidente en tres anos. As empresas vanse, e as cidades como a nosa ven que é certo que hai unha consigna pra non inestir un peso na cidade da "ambición loira". Nin can.
Quitástenola ilusión nun ano! Sodes uns hachas. O que máis me abraia é o "rollo do compadreo" que vos traedes con nós. Ir de colegas, mentres nos fodedes por detrás, facendo putadas, pero sen que se noten; como eses cabróns que pegan ás suas mulleres de xeito que non queden marcas...
Non eu non fun, son os de persoal, é culpa do PP. É moi gracioso que antes nos animaban a que fosemos ós xulgados cando gobernaba o PP, chamábannos parvos por atura-lo que aturamos... E agora asobállannos máis e temos que calar, asínannos polas costas vacacións, e ninguén e culpable todo se fai só nesta compañía que é como a Santa Compaña que non ten rostro nin ten voz, só fala cos de Compostela, que pra iso son da capital.
Ai pobre galiza, en que mans estás.....! Seica imos botar de menos ó vello e ó Cortázar....

17 Outro solidario fixo

A malleira que lle dimos o comité.!Qué boa idea!.Apuntome a conseguir votos contra o bipartito na miña cidade.NON sei se serán cen pero catro ou cinco seguro que logro.Grao a grao podemos gañarlles.
Ánimo compañeiros,Ánimo que todo vai sair ben.

16 Fixo Solidario

Para mil euros.Das por feito que cando gañedes as sentencias sacarán a tua praza.Veremos.Se alteran o catálogo de postos de traballo necesitarán os votos CUALIFICADOS do Consello de Administración.Quero confiar nos partidos políticos , como tamén confio nos sindicatos a pesar do que levamos sufrido con eles na CRTVG, porque sen eles NON hai democracia.
Espero que BNG e PSdG rexeiten esta falcatruada ,Eles poden tomar cartas no asunto porque son os que mandan na equipa de dirección .Se non o fan terá que ser o PP o que se negue a consentir estas ilegalidades.NOn farán nada de máis pois son situación heredadas,se ben agora agrandadas ó máximo.Os fixos que vos apoiamos esiximos que o PP se molle .Volo deben por deixar o camiño aberto as ansias privatizadoras desta nova equipa.
Parade isto partidos, paradeo antes que sexa tarde .Lembrade a malleira electoral que lle dimos o comité.Os afectados son moitos, moi queridos nas súas cidades, se van a rua xurovos por Dios que cen votos contra o bipartito consigo eu só.Votade contas.