Os movementos da CRTVG en Lugo

Os traballadores das Delegacións da TVG en Galicia remitironnos un novo comunicado no que denuncian as modificacións que está a levar a cabo a compañía, logo das denuncias contra ela. Segundo eles, a dirección "trata de aparentar unha legalidade, polo visto, inexistente ata o de agora"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/10/2006 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

Elimina a figura do Delegado/a, responsable da TVG nas Delegacións, e substitúe esa figura pola dun Coordinador contratado directamente polas Productoras.

O primeiro paso tralo coñecemento oficial das denuncias foi eliminar a figura do Delegado, que era un traballador contratado pola propia compañía, que traballaba en cada Delegación e que era vínculo directo entre a Televisión de Galicia e os traballadores das Delegacións.

Decidiron ordenar ás productoras que puxeran en funcionamento a figura do Coordinador coas mesmas funcións que o que ata este momento era delegado/a, pero que estará contratado directamente pola productora o que elimina a figura dun traballador da Galega no que eles consideran que non é a súa Delegación..

Así pretenden acabar cun baleiro legal mantido ata o de agora e dar a imaxe de que entre Delegacións e Compañía non existe ningún tipo de vínculo laboral. O que é rotundamente FALSO.

Se ata o de agora as ordes chegaban ós traballadores das Delegacións a través dos responsables da TVG, agora será a través dun traballador contratado pola productora.

Pensan que así rompen calquera vínculo real entre os traballadores de San Marcos e os das diferentes provincias.

Dáranse situacións tan esperpénticas como a da Delegación de Vigo, onde os traballadores quedan nun piso e a Delegada marcha para o piso de arriba prohibíndoselle todo contacto directo cos traballadores.

Os delegados de Lugo e Ourense, por exemplo, foron desprazados dos seus postos..

A orde, aínda que saíu directamente de San Marcos, chegou ós traballadores da man das propias productoras.

Desta orde chegaron unidas ameazas veladas para que tódolos traballadores retirasen as súas demandas. Pero o certo é que agora está en xogo tamén a nosa dignidade como traballadores dunha empresa que de súpeto nos rexeita.

Os traballadores das Delegacións da CRTVG, cremos que é indigno o tratamento que estamos a recibir de San Marcos. De repente, tratan de dar unha imaxe de desvinculación total con nós cando é completamente FALSA.

Traballamos exclusivamente para eles, aínda que é posible que a partir de agora tamén provoquen un cambio nesa situación; recibimos ordes directament dos nosos xefes de informativos de Santiago; aínda que está claro que agora pretenden que a situación, polo menos aparentemente, cambie; somos a súa imaxe e facemos un producto exclusivo para os informativos da compañía e deso non hai NINGUNHA DÚBIDA.

Non entendemos esta actitude da Compañía que, despois de coñecer a existencia de denuncias dos seus traballadores que só reclaman os seus dereitos, deciden modificar substancialmente as súas condicións de traballo.

Algúns traballadores levan anos cumprindo coa Galega e agora só reclaman ese cambio tan prometido pola nova dirección do Ente.

Non queremos nada que non nos corresponda, pero non entendemos como poden tratarnos como a traballadores externos á casa cando SEMPRE traballamos ó seu servizo.

Agora o que máis nos chama a atención é que a súa actitude sexa disfrazar unha situación insostible dándolle a apariencia de normalidade.

Crear novas figuras de forma repentina e eliminar os lazos de unión entre Delegacións e Central en San Marcos, só nos da a razón e confirma a xustiza das nosas reivindicacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

15 Mil euros

Levo dez anos traballando nunha sede de TVG.Ninguén me dixo ata antes de onte que non fose da TVg, aínda que o meu contrato non o puxera. Nunca recibín nigunha orde que non fora de xefes de TVG. Nestes dez anos salvámoslle a cara a unha televisión que tiña sona de telegaita, e de non preocuparse da cidade na que vivo nin do seu equipo de fútbol. Cando comecei moitos cámaras desta cidade recibían insultos e estragos nos seus veículos...
Logo de moitos anos conseguiuse ter presentza na cidade, mellorouse a cobertura deportiva, e a retransmisión de certos acontecementos mellorou a imaxe que a TVG tiña aquí.
Nós seguimos cobrando 1000 euros. Traballando arreo pra tódolos programas, escoitando apupos e dobrando gardas cando o Prestige,durmindo na xunta pra agardar a que os do metal asinen o seu convenio, indo ás once da noite pra ver como elininan a peaxe de Rande, ou visitando O Rosal ás 9 da noite cando Touriño era candidato.
Pensábamos que a nosa situación laboral se debía ós típicos "chamullos do PP" agora xa sabemos que non.
Recibimos con ilusión a chegada do novo goberno que fala da non precarización.... Sempre vimos a saída xudicial como único recurso, pero agora chegamos a ese punto. Porque vemos como se preparan sedes de productoras "ad hoc" pra trasladarnos e simular que sempre fomos desas empresas, sen que ninguén nolo explique, porque logo de dez anos me din agora que teño un xefe novo, o dono da productora e que cambie o chip.....
E que para que eu siga cobrando ós meus trinta anos mil euros sen extras: a compañía e a produtora van contratar duas coordenadoras ( unha de mañá e outra de tarde) con contrato da produtora, unha deledgada con contrato da compañía. E malia ter investido hai escasísimos anos trescentos mil euros na que agora simplementé será sede social da galega, pagarán a outra empresa pra que instale o famoso pisiño. Xa non poderei falar coas persoas da empresa na que levo traballando dez anos, senón a través desas coordenadoras. En fin que me queixo de vicio, e agora estou no lugar onde nunca quixen chegar: ás portas dun xulgado....e dando as gracias a todolos que non se riron de mirn por confiar en que un goberno novo podería amañar isto.
Confío en que a miña sentenza xudicial serva pra crear unha praza fixa na cidade na que traballo e pra que non desapareza a histórica delegación que moitos cidadáns estiman e coñecen e que serviu pra lava-la cara en Vigo da que aquí consideraban a tele da Coruña. Agora xa é só cuestión de dignidade. Ou é que Vigo non merece ter unha sede da TVG, a Galega?
Xa sei que cando gañe o meu xuizo e ó dos cincuenta compañeiros crearánme a praza e sacarána a concurso.
Agardo que sexa alguén que coñezo, afín ó novpo goberno e alégrome por el porque poderá desenvolve-lo seu traballo mirando pró reloxio e sabendo a que hora pode volver a casa.
Iso é o que nos queren dicir sacando a concurso a praza da compañeira da Radio. Pero´´e tempo de cambiar de vida, había que probar a ver si pagaba a pena cambiar de goberno e vése que non....
Agora é tempo de cambiar de vida, xa lle regalei dea anos da miña vida á TVG e agora quero cobrar máis de mil euros. Teño dereito non?

14 procesión dos caladiños

Queremos escoita-la voz do comité no caso da Radio Galega en Vigo? Queremos escoita-la súa voz. ¿Canto cobran por tragar con isto? ¿Que compensación están a recibir por vende-las nosas cabezas?
A quén defenden? Quen coñece o contido das súas xuntanzas sorpresa coa dirección ou das súas francachelas....
Se non o saben facer que se disolvan dunha puta vez e que deixen que nos defendan outros. Que se cree un comité novo votado por todos nós, que se preocupe máis polos traballadores, sobre todo polos que máis asoballados están que son os das cidades.
É incomprensible o seu silencio sindical cómplice. Queremos ve-las actas das súas xuntanzas e dos seus acordos polo baixo coa dirección e sabe-lo porqué da súa perrencha por qué non saíu adiantes o puto convenio do carallo.
Como queredes que nos preocupemos dos convenio dos fixos, cando non sabemo-lo que é unha hora extra. Nin un día por asuntos propios, porque nunca podemos dicir que non... Porque a tele explotounos con estes e cos outros coa connivencia desas empresas nas que agora queren simular que traballamos pra uns xefes que nin nos coñecen, nin nunca se preocuparon por nós.
Ai, Cortázar empezo a botarte de menos...

13 GALIZA EN VENTA

Pódese transferir así polo morro e antes de que rematen os contratos a traballadores que axiña van ser empregados da pública a unha empresa privada á que o seu día se lle obrigou a contratarnos?

12 GALIZA EN VENTA

Pódese transferir así polo morro e antes de que rematen os contratos a traballadores que axiña van ser empregados da pública a unha empresa privada á que o seu día se lle obrigou a contratarnos?

11 Unidade

Penso que os traballadores das Delegacións estades a demostrar o que valedes e que non vades a permitir que as ameazas, veladas ou non, fagan que retiredes nin unha soa demanda.
Para iso é fundamental, e estádelo a demostrar,a UNIDADE. Todos xuntos, sen deixar sitio para que entre nin unha soa dúbida, nin unha soa desconfianza. Tede en conta que só estades vós. Por moita solidariedade e apoio que vos chegue dos compañeiros de San Marcos, cada un loita polo seu.
Agora non hai marcha atrás na reivindicación duns dereitos que ata o de agora parecía que só existían para algúns.
Por certo, NON QUEDA NINGUNHA DELEGACIÓN SIN DENUNCIAR!
Están todas xuntas nesto e iso da unha envexa horrible para os que non fomos capaces de acadar esa unidade.
SEGUIDE ADIANTE E SOBRE TODO NON VOS DEIXEDES AMEDRENTAR!