Os movementos da CRTVG en Lugo

Os traballadores das Delegacións da TVG en Galicia remitironnos un novo comunicado no que denuncian as modificacións que está a levar a cabo a compañía, logo das denuncias contra ela. Segundo eles, a dirección "trata de aparentar unha legalidade, polo visto, inexistente ata o de agora"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/10/2006 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

Elimina a figura do Delegado/a, responsable da TVG nas Delegacións, e substitúe esa figura pola dun Coordinador contratado directamente polas Productoras.

O primeiro paso tralo coñecemento oficial das denuncias foi eliminar a figura do Delegado, que era un traballador contratado pola propia compañía, que traballaba en cada Delegación e que era vínculo directo entre a Televisión de Galicia e os traballadores das Delegacións.

Decidiron ordenar ás productoras que puxeran en funcionamento a figura do Coordinador coas mesmas funcións que o que ata este momento era delegado/a, pero que estará contratado directamente pola productora o que elimina a figura dun traballador da Galega no que eles consideran que non é a súa Delegación..

Así pretenden acabar cun baleiro legal mantido ata o de agora e dar a imaxe de que entre Delegacións e Compañía non existe ningún tipo de vínculo laboral. O que é rotundamente FALSO.

Se ata o de agora as ordes chegaban ós traballadores das Delegacións a través dos responsables da TVG, agora será a través dun traballador contratado pola productora.

Pensan que así rompen calquera vínculo real entre os traballadores de San Marcos e os das diferentes provincias.

Dáranse situacións tan esperpénticas como a da Delegación de Vigo, onde os traballadores quedan nun piso e a Delegada marcha para o piso de arriba prohibíndoselle todo contacto directo cos traballadores.

Os delegados de Lugo e Ourense, por exemplo, foron desprazados dos seus postos..

A orde, aínda que saíu directamente de San Marcos, chegou ós traballadores da man das propias productoras.

Desta orde chegaron unidas ameazas veladas para que tódolos traballadores retirasen as súas demandas. Pero o certo é que agora está en xogo tamén a nosa dignidade como traballadores dunha empresa que de súpeto nos rexeita.

Os traballadores das Delegacións da CRTVG, cremos que é indigno o tratamento que estamos a recibir de San Marcos. De repente, tratan de dar unha imaxe de desvinculación total con nós cando é completamente FALSA.

Traballamos exclusivamente para eles, aínda que é posible que a partir de agora tamén provoquen un cambio nesa situación; recibimos ordes directament dos nosos xefes de informativos de Santiago; aínda que está claro que agora pretenden que a situación, polo menos aparentemente, cambie; somos a súa imaxe e facemos un producto exclusivo para os informativos da compañía e deso non hai NINGUNHA DÚBIDA.

Non entendemos esta actitude da Compañía que, despois de coñecer a existencia de denuncias dos seus traballadores que só reclaman os seus dereitos, deciden modificar substancialmente as súas condicións de traballo.

Algúns traballadores levan anos cumprindo coa Galega e agora só reclaman ese cambio tan prometido pola nova dirección do Ente.

Non queremos nada que non nos corresponda, pero non entendemos como poden tratarnos como a traballadores externos á casa cando SEMPRE traballamos ó seu servizo.

Agora o que máis nos chama a atención é que a súa actitude sexa disfrazar unha situación insostible dándolle a apariencia de normalidade.

Crear novas figuras de forma repentina e eliminar os lazos de unión entre Delegacións e Central en San Marcos, só nos da a razón e confirma a xustiza das nosas reivindicacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

5 Fixo Solidario

Totalmente de acordo con Agora.Moitos dos fixos vos apoiamos e o comité ....como desta volta vos deixe tirados non lles vai chegar coa demisión.
Sabedes o que hai.Sabedes o que valen as promesas destas preas.Sabedes que todo o que non denuncie vai ir a rua , alomenos por bastante tempo ,para que perda tódolos dereitos e logo dende fóra non poida reclamar nada.No mellor dos casos o que se libre do despido seguirá coa productora de turno a expensas de que siga prestando ou non servicio a CRTVG.
ANIMO.ANIMO.ANIMO

4 agora

Por fin algo de información clara e transparente do que está a pasar coas delegacións a disposición de todos. Se non nos informades vós, os de San Marcos non nos enteramos, que son moitos os interesados en silenciar esta inxustiza gravísima que atenta directamente, non só contra os vosos dereitos adquiridos coma traballadores, se non tamén contra cuestións relacionadas coa xestión privada dos medios de comunicación públicos, como denuncia o Colexio de Xornalistas.

Espero que estedes informando de todo isto periodicamente ás diversas seccións sindicais da CRTVG, para que por separado, todas e cada unha delas se posicionen dunha maldita vez diante disto e se vexan obrigados a informarnos ós traballadores de Santiago do que están a facer con vós. Pedídelles apoio unha vez máis, aínda que volo negaran ata o de agora. Precisamente agora, tralo rexeitamento do convenio colectivo, é o momento de forza-la máquina. Somos moitos os que estamos dispostos a nos mobilizar o que faga falta por vós, é dicir, polas delegacións, é dicir, polo futuro da empresa. Buscade apoio sindical, non vos rindades nisto, porque, aínda que moitos xa non o crean, os sindicatos están, por definición, para defender os dereitos dos traballadores. E os traballadores somos nós. Ánimo, que só consigue o éxito quen persevera.

3 agora

Para os compañeiros das delegacións: creo que facedes moi ben en nos informar a todos periodicamente de como se vai desenvolvendo a vosa situación, a través do Galicia Confidencial ou do medio que sexa. Nada mellor que saber o que pasa para poder combatilo, para saber a que nos enfrontamos.

Pola mesma razón, creo que debiades, se é que aínda non o fixestes, informar tamén do mesmo, do que está a pasar nas diversas delegacións, a todas e cada unha das seccións sindicais da CRTVG, URXENTEMENTE, para tratar de conseguir que cada unha delas por separado se posicione con respecto a esta situación gravísima, e xustamente agora que se rexeitou en referendo o novo convenio.

Non vos podedes rendir neste punto: tedes que conseguir o apoio sindical, aínda que xa perderades a confianza e a fe nesta vía. Facédeo, polo ben de todos. Moito ánimo.

2 agora

1 agora