Temas: BNG ELECCIóNS

O BNG aproba as súas listas da “renovación”

O Consello Nacional dá o seu visto e prace, "sen ningún voto en contra", aos nomes dos candidatos do Bloque para as eleccións galegas de outono.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2016 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado "sen ningún voto en contra" as listas de candidatos para as eleccións galegas deste outono, e que serán os que lideren a "renovación" prometida por Ana Pontón. O Bloque congratulouse de ser a primeira organización en aprobar as súas listas e asegurou que "son tempos de poñerse a traballar". Así o apuntou a candidata á Xunta e voceira nacional do BNG, Pontón, tras a reunión do consello, no que se ratificou a proposta, xa aprobada este mércores en asemblea por un 92 por cento de votos a favor. Así mesmo, sinalou que o BNG non só ten un proxecto, senón tamén xente comprometida para "poñer por diante os intereses dos galegos".

Ana Pontón, con Olaia Rodil, Noa Presas, Luis Bará e Xosé Luis 'Mini' Rivas
Ana Pontón, con Olaia Rodil, Noa Presas, Luis Bará e Xosé Luis 'Mini' Rivas | Fonte: Europa Press.

Neste sentido, recordou que Galicia necesita unha alternativa propia e "pensada dende o país" para acabar cun goberno do PP que nestes anos deixa "máis pobreza, máis paro e máis desigualdade", ao que engadiu que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo "máis dano que Fraga en 16 anos".

Deste modo, Pontón incidiu en que Galicia ten capacidade para seguir cara a adiante e que o seu "ambicioso programa electoral" implicarase no ensino, o ecoloxismo, o feminismo, a cultura e a lingua, entre outros ámbitos da vida social.

NOVOS ROSTROS

Á candidata á Xunta acompañábana os cabezas de lista polas catro provincias galegas. Olaia Rodil, por Lugo; Noa Presas, por Ourense; Luis Bará, por Pontevedra; e Xosé Luis 'Mini' Rivas como segundo por A Coruña, xa que o primeiro posto é ocupado pola propia Ana Pontón. Destes, Rodil e Presas repiten candidatura tras o fracaso de Nós-Candidatura Galega nas eleccións xerais de decembro de 2015.

Desta forma, a aspirante e voceira nacional destacou que son representantes procedentes de diferentes ámbitos laborais, dende o ensino, o xornalismo e o "precario" sector do telemarking, pero sobre todo, "son rostros preocupados" por Galicia".

O consello Nacional tamén realizou un balance da última lexislatura, na que tan só dúas deputadas dos sete parlamentarios actuais no Parlamento de Galicia se manteñen nas listas, que son a propia Ana Pontón, e a cambadesa Montse Prado.

AGRADECEMENTOS

Neste sentido, agradeceu o labor realizado durante estes anos nos que, segundo resaltou, traballaron con "humildade e con dedicación", ademais de denunciar "tódolos desastres do goberno de Núñez Feijóo".

Dentro deste agradecemento, Pontón dedicou unha mención especial ao actual voceiro parlamentario e que foi candidato á Xunta, Francisco Jorquera, quen nestas eleccións pechará a candidatura por A Coruña.

Pontón sinalou que Jorquera foi "o mellor parlamentario nos últimos anos", e asegurou aprender moito do seu traballo. Ademais, recordou que o político coruñés seguirá axudando para fortalecer o traballo do BNG, pero dende outros ámbitos.

ANGROIS

Por outro lado, con motivo do terceiro aniversario do accidente ferroviario de Angrois, o consello Nacional trasladou o seu afecto ás vítimas e "aos que sofren a súa ausencia".

A este respecto, Ana Pontón asegurou que o BNG estará "de lado da verdade" e que loitará por que haxa un investigación independente. Ademais, indicou que sente vergoña por un goberno que "intentou que non se coñecese a verdade".

Temas: BNG ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Parada do Sil

Outra vez os mesmos caras. Repetidores até o desespero. Perdedores reconhecidos pola sociedade. Mantidos do aparato e dos chiringuitos paralelos (Sermos da Olalla ou MGS da Noa, os "revoltosos" atados en curto pola U). Ana Pontón renovadora? Non, vividora da UPG: toda a vida ao servizo do aparato. Única experiencia laboral: mantida da UPG! Se as Mareas colocan a dedo a unha ilustrisima senhoria..., que noxo de horizontalidade, e no BNG os colocan os coroneis da U, e por riba son os rexeitados..., que vos apoien os enchufados e clientes do sistema, que para min non serven raposos!

4 Galegus

Aí temos os aspirantes para liberados da CIG, unha vez que no outono o BNG pase á marxinalidade política

3 O vingador enmascarado

Vender a Ana Pontón como "renovación" é unha coña. E vender a Rodil, Presas e Bará como faces novas é a repanocha. O 20-D e o 26-J dixéronlles que non. Van pola vella de que ao que non quere caldo, tres tazas... Pois tampouco. Terán xusto castigo pola súa teimosía...

1 XUSTIZA ENCARAPUCHADA!

enton o vello -vieiras, o monedeuros, a iolanda procesions, o faimerrich, e demais son reanovación, son acaso mozos reanovados????

2 SIN EXPAÑOL MELLOR

Si o bloque se xuntase con cxg e outros nacionalistas verdadeiros entonces seria mellor, o nacionalismo galego defende a Galiza, namentras podreiros e -vieiristas defenden a expaña, nos rouban en favor de expaña, estan a robuarnos nos impostos e a sacarnos as nosas materias primas, estan a destruir a mocidade galega, onde esta o beneficio de expañol... en ninguras, eu son un patriota ansioso de servir o meu pais... NON A -VIEIRAS PODREIRAS, NIN SOCIATOS, NIN PEPEROLOS, OGALLA EXPAÑA MORRESE TODA!!!!

1 Ana

O BNG xa non conta (excepto para o PP e La Voz, ou sexa para o sistema, que si interesa). E dio quen SEMPRE votou Bloque, menos cando me abstiven, que o tufo era grande demais para seguir apoiando agora suicidas e antes entreguistas (ao PsoEspañol, igual que agora vai facendo a Marea). Por riba cunha lista de perdedores!!! Lean a Vence en praza.gal e asuman o que hai: canto antes acabe a agonía do BNG, antes poderá nacer unha nova opción nacional para os galegos! Non perdamos tempo co pasado, XA FOI!!!

1 John McNamara

O discurso de Vence é baleiro, non di nada. Non dí o que hai que facer, trasladar, etc. O nacionalismo do século XXI é ir da man de Podemos e de IU (en declive, segundo estas eleccións)? o nacionalismo do século XXI significa reformular a San Castelao e Santa Rosalía de Castro como a mani do Día da Patria? o nacionalismo do século XXI está representado polo fiasco das políticas como a de AGE no Parlamento?. En fin, se o BNG vai de capa caída se debe a moitos factores, entre eles os que se dedican a poñer trampas no camiño. Señor Vence, reformule o seu nacionalismo, tes a Anova, CxG, Cerna, Chamammento de Vidan ou Foro Galego. Se vostede é capaz de unir todo iso fale do BNG despois.

2 Ana

Se cadra non serve nada, os modernos tampouco... Pero os PERDEDORES son os menos útiles. Logo o BNG, aquí e agora, son os máis inútiles. Sodes os primeiros que debedes mirarvos no espello. E Vence di o que non hai que facer: seguir ideas dos sesenta que nada representan hoxe e obedecer ao Partido-guía, se cadra ti John iso non o entendes...

3 Ana descubricheste

E logo non dades montado nada se non volo monta o BNG eh langráns? Grazas por confesalo.