Temas: PESCANOVA

Accionistas minoritarios de Pescanova insisten en que foron “estafados” e piden “xustiza”

Denuncian que o convenio de acredores da empresa galega foi "unha estafa" e que foron enganados para que se aprobase.

Por E.P. | Vigo | 25/07/2016 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Os accionistas minoritarios de Pescanova denunciaron que o convenio de acredores da empresa galega foi "unha estafa" e que foron enganados para que se aprobase, segundo sinalaron nun comunicado.

Pescanova
Pescanova | Fonte: Europa Press.

En concreto, o accionista minoritario Lorenzo Ramet denunciou que, mesmo antes de que se aprobase o convenio, a antiga cúpula da empresa non dicía "toda a verdade" do que se recollía no convenio, que "todo era un engano co único propósito para que se aprobase".

Ramet subliñou que se lles ocultou a verdade, que a aprobación do convenio deixaría á antiga Pescanova sen negocio, sen patrimonio, sen traballadores, "sen nada", e que todo pasaría á Nova Pescanova, levando aos minoritarios a perdelo todo e sen posibilidade de volver a Bolsa.

Desta forma, os minoritarios esixen que se "faga pública toda a verdade do calvario" que está a pasar os 9.000 accionistas que "foron enganados por partida dobre" e que se "faga xustiza", polo que piden tanto á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) como á xustiza que actúen de oficio anulando o convenio ou buscando unha saída digna ás familias que están atrapadas en Pescanova.

Temas: PESCANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

do mesmo xeito que os afectados polas "preferentes" pasaron diante de ABANCA tódolos xoves durante máis dun ano para cobrar o que lles estafaran... estes podían sentar tódolos fins de semana diante da casa do Barón de Pescanova que vive a corpo de rei nesta finca a carón do mar e nin siquera o alcalde Caballero quere molestalo rematando o paseo que bordea a súa mansión... (en Vigo o pobo ten prohibido molestar aos estafadores!) // https://flic.kr/p/oDS7BC