Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

34 omerlin

O do burofax é o seguinte: Non é un despido. É a ruptura dun contrato de servizos cunha advogada que ten unha situación obxectiva de conflicto de intereses entre a súa relación persoal e o séu cliente, neste caso o SLG.
É algo habitual que cando hai unha creva de confianza entre advogada/o e cliente aquel deixe de prestar os servizos. O que é inusual é que a advogada/o agarde a que seña o cliente quen llo teña que dicir.

33 Xornalista

Post Scriptum.- e para cegar ó anterior razonamento (incoherencia de Lidia) non hai que ser da UPG. Abonda con saber ler e escribir, sumar e restar, e ter un cuarto de nueurona nos miolos.

32 Xornalista

A min non me importa se Lidia, Beiras, ou a UPG son simpáticos ou deixan de selo.

O único importante é se é certo o que publica galiciaconfidencial.

Porque se o é, guste ou non, Lidia Senra é unha incoherente, e non debe ser candidata.

31 Soñei eu tamén

Soñei que chegaba Lidia e me despedía porque non pensaba como ela, ou porque votaba ó BNG, ou porque non lle gustaba con quen casara, ou... porque estaba ela un pouco tola e levaba tempo sen despedir a niguén.

30 Verdade

Airadasenra, vese que non liches as sentenzas. Porque só é unha, e ti falas en plural.

O outro é un informe da Inspección de traballo, contundente or certo.

E o de ter o inimigo na casa é perverso. Acabas de cargarte o dereito da muller ó traballo. Ten que seguer ó seu home.

E non é un axuste de contas, é máis ben contar a verdade para que a xente a saiba.

¿Sabía a militancia do BNG que a política laboral do SLG-CCLL é manifestamente ilegal, amén de neoliberal?

¿É iso compatible cun autoposicionamento na esquerda altermundista?

Lidia Senra é unha hipócrita. Por iso non dede ir da man de Beiras.