Podemos Galicia ás mareas: "Estamos aquí e non imos fallar"

A líder do partido morado intervén na asemblea que creou o partido instrumental de En Marea, pero mantén a incógnita se haberá integración, só coalición ou irán sós. Beiras pide que non se poña "tachas á obra mentres non estea terminada" porque hai sitio para todos"

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 31/07/2016 | Actualizada ás 00:23

Comparte esta noticia

En Marea lanzou este sábado o proceso constituínte para desaloxar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de San Caetano, tal e como manifestaron diferentes voces que interviñeron ao longo da xornada, a pesar de que a incógnita de se Podemos aliarase co que este partido instrumental para as eleccións autonómicas de outono.

Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo
Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo | Fonte: marea atlántica

Nesta clausura da asemblea constituínte de En Marea houbo un recoñecemento ao labor dos alcaldes das mareas --Xulio Ferreiro (A Coruña), Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Compostela)-- que hai unhas semanas lanzaron un manifesto conxunto que desembocou neste sábado nunha cita na que estiveron representantes de todas as formacións políticas que participaron ata agora na confluencia.

Xosé Manuel Beiras

No discurso de clausura, tamén houbo unha advertencia sobre a construción do proceso que lanzou o portavoz nacional de Anova e membro da xestora que pilotará o proceso, Xosé Manuel Beiras. "Non poñades tachas á obra mentres non estea terminada, hai sitio para todos".

De feito, o veterano político, que levantou ao auditorio no aplauso final do auditorio, asegurou que o proceso "non termina coas eleccións" autonómicas, senón que é preciso iniciar un proceso "rupturista que se cargue o réxime borbónico", como el cualifica ao actual sistema político de monarquía parlamentaria español.

Os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol na Asemblea Constituínte de En Marea
Os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol na Asemblea Constituínte de En Marea

Carmen Santos

Na clausura tamén interveu a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, quen non obviou o proceso interno que realiza a súa organización e que desde este domingo votará se a formación concorre en solitario, coa marca propia, ou tece alianzas.

"Estamos aquí e non imos fallar, seguiremos tendendo pontes e atopando pontes e xuntos imos vencer, non só nos comicios, senón no camiño común", salientou Santos. "Por suposto que hai marea e seguiremos loitando xuntos", salientou a secretaria xeral de Podemos Galicia.

Os tres alcaldes, que foron recoñecidos polos seus compañeiros de asemblea destacaron o traballo realizado para axuntar as diferentes sensibilidades, arriscando o seu capital simbólico e político, como llo recoñeceu o propio Beiras.

Yolanda Díaz

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, lanzou cinco puntos para comezar a traballar nun programa electoral. Entre eles, sentar as bases para un cambio do modelo produtivo, reverter os recortes e "non deixar a ninguén na conta", unha Galicia "soberana, que poida decidir todo de forma fraterna", incluído o que "quere ser", e "unha Galicia de igualdade entre homes e mulleres".

Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo
Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo | Fonte: Marea Atlántica.
Coordinadora provisional da Marea Constituínte
Coordinadora provisional da Marea Constituínte | Fonte: Europa Press.
Xulio Ferreiro, Jorge Suárez e Martiño Noriega, na asemblea da Marea Constituínte en Vigo
Xulio Ferreiro, Jorge Suárez e Martiño Noriega, na asemblea da Marea Constituínte en Vigo | Fonte: Marea Atlántica.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 ppaifoco

poido arrear aquí os pantalóns?

3 Moi ben xenios

Os tres tenores mangoneando e os rebotados de sempre de AGE fundan AGE con outro nome. Agora a negociar con Podemos como a Testigo de Jehová manda. Saiuvos o tiro pola culata.

1 arzuacapital

Concho! quen é testigo de jeová?

2 Repensar a Antelo

A líder de Pablemos-Noroeste. http://www.lavozdegalicia.es/notici... Agora quitouse porque os testigos NON PODEN MENTIR así que xa se sabe cada vez que abra a boca

2 Luis M

En la Coordinadora de la Marea elegida ayer, de 11 puestos hay 5 ex-militantes del BNG. Están reconstruyendo el nacionalismo. Conmigo que no cuenten. Prefiero ir en solitario. #YoVotoPodemos

1 Sesese

Pero iso non e novo. Son descartes

1 Gali Matias

Só a uns descerebrados pódeselles ocorrer en véspera electoral dinamitar o marco de confluencia e facer cachizas a unidade.

1 Podemos en solitario

Marco de qué? A que dinamitades cada día nos concellos chamándonos españolistas entre outras lindeces. Fixéchedes surf na Marea coa tabla de Podemos. Tedes alcaldes, deputados, cargos.. a costa de Podemos. Podemos en Galicia está invisibilizada.

2 De que falas

Pero se todos os que falan de unidade rompen sempre a unidade é requisito imprescindible para ser novo político