Xurxo Souto presenta 'Contos do Mar de Irlanda' este domingo na illa de Tambo

Xurxo Souto realizará este domingo na illa de Tambo unha presentación musical do seu libro 'Contos do Mar de Irlanda'. Será ás 17,00 horas, da man da asociación veciñal 'Combarro'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2016 | Actualizada ás 09:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Xurxo Souto realizará este domingo na illa de Tambo unha presentación musical do seu libro 'Contos do Mar de Irlanda'. Será ás 17,00 horas, da man da asociación veciñal 'Combarro'.

No espectáculo, segundo os organizadores, Souto interpretará cancións que naceron no Gran Sol e Terra Nova, co obxectivo de dar a coñecer a obra.

Ata o momento leva máis de 90 representacións por todo o país, e tamén expuxo o título en cidades como Lisboa, Bruxelas, Madrid e Barcelona.

Agora, o artista, da man desta asociación de veciños, desembarcará en Tambo para compartir un pouco do misterio "desta illa desexada e marabillosa".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta