Carta aberta a Carmen Santos

Querida Carmen, ti non o sabes pero teño o defecto de confiar en que a xente, que acabo de coñecer, quere o mellor para os demais; cando, por fin, organizouse unha xestora en Podemos Galicia e tras as primarias saíches elixida pensei que a formación aínda podía ter arranxo, que equivocado estaba.

Por Manel Pardo | Ames | 10/08/2016

Comparte esta noticia

Son afiliado desde hai tempo e SI, son membro dunha marea municipalista como Ames Novo en cuxa lista presenteime ás eleccións. En certa ocasión, nunha reunión comarcal organizada por Breogan, cando expliquei quen era unha señora dixo "non entendo que alguén poida ser de Podemos e de Ames Novo, que non todos somos iguais", o que non entenda o novo tempo que vivimos mellor que sente a observar e afágase. É importante a miña condición porque cumpre o marcado por Podemos para as municipais, integrarse nas mareas naqueles sitios nos que existisen; algo que non cumpren os teus amigos de Contigo Podese como tampouco cumpriron a norma de apoiar pero non entrar a gobernar, nin cumpren nin tan sequera as normas do círculo, amiguiños si pero a vaquiña polo que vale.

Pero esta carta é para expresarche non o meu enfado, que é evidente, se non máis ben a miña decepción. Cando saíches elixida comprometícheste a reunirte cos membros de Podemos Ames, os de verdade, e aínda están a esperar (mo dixeches a min en persoa e a outro afiliado máis así que non mo contaron, o vivín). Esperaba polo menos que puxeses a funcionar a comisión de garantías e, con moito atraso, chégame un correo no que se me explica que a comisión de garantías non ten obrigación de facerse cargo das queixas anteriores á súa formación e que se desexo ratificar as miñas denuncias... como se di agora wtf!!!; como pode alguén rexenerar, ordenar, organizar, mellorar, definir, concretar, unha formación deixando tras de si centos de denuncias.  O seguinte esperpento foi cando recriminei en Twitter que non recibira a convocatoria de consulta sobre a integración con En Marea e aos 20 minutos chégame... un pouco de dignidade polo menos, se non o mandades non o mandades e listo.

Pero a maior decepción é que tomes aos afiliados, a min en concreto, por estúpidos. Hai uns días pedín a túa amizade en Facebook coa sa intención de saber de primeira man que pensabas e que resposta tiñan eses pensamentos, agradézoche que me aceptases porque me permitiu ver varias cousas. En primeiro lugar que o debate é amplo, moi amplo, e que para nada o sentir maioritario é o que pretende transmitir a executiva rexional. A segunda cousa, por iso é polo que penso que nos tomas por estúpidos, é un vídeo da túa intervención en Vigo no que: 1 asegúraslle a Beiras que sempre estarás pola confluencia con el e 2 aseguras no teu discurso que o proceso de votación que se iniciaba definiría o que faría Podemos, e o que se decidiu foi unirse a En Marea; pódesme explicar en que punto da pregunta falábase de que forma sería esa unión? en que momento decidiches e porque razóns que Podemos Galicia é máis neste proceso que Anova, Equo, ou o Foro Galego?.

Termino xa envexando procesos como o de Madrid no que se expulsou a unha serie de militantes por insultos e menosprezo a outros militantes; algúns dos que che asesoran insultan, ameazan, e incumpren a diario o código ético de Podemos e con todo aí están; levando na listas xente que non acudiu nin a unha soa asemblea, tendo paralizado un círculo que lles levou a conseguir 3 concelleiros e do que agora xa se esqueceron, trapicheando con apoios e usando o estilo máis rancio que lembro en anos; nin o finado Armando Branco era tan oscurantista, sabias dabondo por onde viña e a que, hai que lembrar unha frase súa para aplicárvola "vostede cando non gana empata".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manel Pardo Traballou en Radio Minuto e foi coordinador de M80 para Santiago. Os últimos quince anos adicounos á información da área metropolitana de Santiago e desde hai uns anos é o responsable do arquivo sonoro da Cadena Ser en Santiago. É o responsable do blog La Comarcal.