Xornalistas e Fuenteovejuna

Cando lin, metido na casa polo primeiro catarro serio do inverno, as movilizacións contra o ERE de El País sentín moita envexa, da boa si e que iso existe; emociona ver os apoios recibidos por parte de persoeiros da cultura, creo que son merecidas e precisas, máis a un tempo prodúcenme unha grande frustración.

Por Manel Pardo | Compostela | 09/11/2012

Comparte esta noticia
 Non fai tanto tempo a Cadena SER puxo a 200 persoas na rúa e fálase dun novo ERE para abril; os compañeiros de El País estiveron con nós nas concentracións... ninguén mais; pode que os da radio non nos saibamos “mover”, que o prestixio da prensa escrita sexa maior ou que non souperamos transmitir a importancia da radio para o noso país (que cada un poña o que lle pete, serve a frase para España ou para Galicia). Cando voltou o corpo de Castelao alí estaba a radio, cando afundiu o Casón ali estab a radio, cando se rodou Mar Adentro o equipo contou cunha entrevista a Ramón Sampedro que temos na radio e do mesmo sitio recuperei fai pouco outra conversa con Laureano Oubiña. Fai ben pouco tamén que se lle entregou a Antena de Oro a miña querida e admirada Ángeles Afuera documentalista da SER desde antes de que existira ese concepto.
 
Escribo todo isto non tanto para reivindicar o papel da radio e lembrar que está a sufrir os mesmos golpes que a prensa, que tamén, se non para amosar as diferenzas que creamos desde dentro da profesión; obtivemos varias clases de xornalistas, os vendidos, os de prácticas, os de Intereconomía, ABC ou La Razón desprezados polos “outros” como si non tivesemos servido en algunha ocasión a un amo (o que non se recoñeza e que non traballou moito), os da pública, os da privada...
 
En Galicia pecharon moitos medios, apareceron outros, en moitos casos empuxados desde forzas que queren que todo cambie para que todo siga igual, e, ao mesmo tempo, se desprezan os proxectos máis independentes, ignoranos, e cando conseguen unha exclusiva nin un só dos grandes segue a estela non sexa que se note que David voltou a gañar a Goliat. 
 
A edición galega de El País é moi necesaria, como o é El Correo Gallego, como o eran os que pecharon ou os que xa marcharon de La Voz, como resulta imprescindible un reparto xusto das licenzas de radio pendentes de conceder; todo é parte dunha mesma profesión que, coa que esta a caer, ainda non conseguiu unirse.
 
Na última folga xeral debatemos sobre o conveniente de informar en tempo real ese mesmo día e, se un pensa que un xornalista çe un traballador, a resposta só pode ser unha e é NON. Unha folga non o é menos para un xornalista, os inxenuos que a estas alturas sigan crendo que son un caso “distinto” por traballar nun xornal, nunha radio, nunha televisión, web, etc que vaia poñendo os pes na terra.
 
Non quero rematar sen falar dun dos soportes dos xornalistas e ainda máis esquecidos que eles, os dos talleres, os técnicos, os informáticos, os de administración, etc. Non traballan con nós? ¿Non caeron nesta guerra igual que os xornalistas?...O dito; ou convertemos a profesión nunha Fuenteovejuna ou non teremos en este país profesión que defender.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manel Pardo Traballou en Radio Minuto e foi coordinador de M80 para Santiago. Os últimos quince anos adicounos á información da área metropolitana de Santiago e desde hai uns anos é o responsable do arquivo sonoro da Cadena Ser en Santiago. É o responsable do blog La Comarcal.