Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/06/2009 | Actualizada ás 09:10
Tamén o anterior bipartito ampliou o crédito ás empresas xornalisticas sen ter en conta a creación de emprego estable nin a diminución da precariedade. O 17 de marzo de 2008 asinaba un decreto que aumentaba en 2,2 millóns este tipo de axudas. O novo executivo de Feijóo, utilizando este tipo de procedimentos, ben de engordar en 300.000 euros esta cantidade.
Así, o importe, que o anterior goberno fixaba para cada medio en 39.336 euros noutra resolución do 21 de novembro de 2008, será aumentado en 2,5 millóns de euros.
***********************
Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.
A Resolución do 21 de novembro de 2008, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión publicada no DOG nº 234, do 2 de decembro, establece as bases para a concesión destas subvencións.
O artigo 3 desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.
Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único.
Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 ), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.
Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.
Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Comunicación
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.