Ampliación.- Feijóo engorda ás axudas aos medios con 2,5 millóns máis

Antes de "estudar" a regulación das subvencións aos medios, tal e como se comprometeu a pasada semana cos representantes dos xornalistas, Núñez Feijóo apresurouse, dous meses despois de asumir a Presidencia do Goberno galego, a ampliar o decreto de axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión asinado polo bipartito e o fai con 300.000 euros máis que o anterior goberno...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/06/2009 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Tamén o anterior bipartito ampliou o crédito ás empresas xornalisticas sen ter en conta a creación de emprego estable nin a diminución da precariedade. O 17 de marzo de 2008 asinaba un decreto que aumentaba en 2,2 millóns este tipo de axudas.  O novo executivo de Feijóo, utilizando este tipo de procedimentos, ben de engordar en 300.000 euros esta cantidade.

Así, o importe, que o anterior goberno fixaba para cada medio en 39.336 euros noutra resolución do 21 de novembro de 2008, será aumentado en 2,5 millóns de euros.

***********************

Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 21 de novembro de 2008, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión publicada no DOG nº 234, do 2 de decembro, establece as bases para a concesión destas subvencións.

O artigo 3 desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Comunicación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

25 anónimo

Boicoz e eleccións anticipadas, non os pucheirazos co meu diñeiro.

24 Remixio

¡BOICOZ!

23 Remixio

O que deberían facer todos os votantes de PSdeG e BNG conscientes de que La Coz de Santiaguito Rey xogou un papel decisivo a favor do PP nas pasadas eleccións, é deixar de mercala. Con que o fagamos 10.000 xa estaría levando un bo aviso. Eu xa me apuntei a esa lista. E os libelos lense igual no bar da esquina que na casa.

22 Bule bule

Jejeje...como enchufan o ventilador os do PP cando non lles interesa.

Jacinto Rey, gasta o SEU diñeiro no que lle dea a gaña. A concesión eólica se a leva a cabo, reportaralle 14 millóns de €. Se ti cres que iso xustifica montar un xornal da nada e aínda obter beneficios, non sabes canto custa facer un xornal.

O que pasa é que a algúns non lle perdoan a Jacinto Rey non sexa pepeiro. Se fora así, algúns que escriben por aquí, e dan leccións de sectarismo a outros, estarían no porto a ver se poderían limparlle o casco do iate, verdade undaló e anónimo?? ;)

Bueno undaló, se non che gosta o Xornal non o compres. O Xornal, da outra visión da realidade que o que parece que te molesta.

E xa que sacas o Granma, pois dicirche que ese xornal era o Boletín oficial do Estado na URSS onde se cantaba as excelencias do partido gobernante. E ese papel en Galiza, perdoa que che diga, pero corresponde a "La Voz de Galicia".

O dito, se non te gusta, non o compres. Compra millor "La Voz" e así, o pagas duas veces: unha cos teus impostos, e outra no kiosco. Coma se debe estar rindo o outro Rey (Santiago) dos pobriños que pagan 2 veces pola mesma cousa. :D

21 undaló

Ogallá se retiren as subvencións a todos os xornais. A ver cales sobreviven. Alédame ver a alta estima que tedes de Gómez. O Xornal si que é un exemplo de prensa libre. Como o Granma. Igualito.