Ampliación.- Feijóo engorda ás axudas aos medios con 2,5 millóns máis

Antes de "estudar" a regulación das subvencións aos medios, tal e como se comprometeu a pasada semana cos representantes dos xornalistas, Núñez Feijóo apresurouse, dous meses despois de asumir a Presidencia do Goberno galego, a ampliar o decreto de axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión asinado polo bipartito e o fai con 300.000 euros máis que o anterior goberno...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/06/2009 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Tamén o anterior bipartito ampliou o crédito ás empresas xornalisticas sen ter en conta a creación de emprego estable nin a diminución da precariedade. O 17 de marzo de 2008 asinaba un decreto que aumentaba en 2,2 millóns este tipo de axudas.  O novo executivo de Feijóo, utilizando este tipo de procedimentos, ben de engordar en 300.000 euros esta cantidade.

Así, o importe, que o anterior goberno fixaba para cada medio en 39.336 euros noutra resolución do 21 de novembro de 2008, será aumentado en 2,5 millóns de euros.

***********************

Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 21 de novembro de 2008, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión publicada no DOG nº 234, do 2 de decembro, establece as bases para a concesión destas subvencións.

O artigo 3 desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Comunicación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

15 Revelador

Heberá que repetir as eleccións, porque demostrouse que foi un pucheirazo pagado con diñeiro público, en forma de subvencións a Voz.

Xa non teñen lexitimidade.

14 montoya

"nestes momentos a Voz é o PRESTIGE DA PRENSA GALEGA."

Hay opiniones que, en serio, a veces merecerían ser ahorradas.

Sobre la pasta. Tan fácil como esto: si no se aumenta el crédito publicado en el DOG no se pueden pagar las trampas dejadas por el bipartito, y más de un medio tendría que aplicar ERE's considerables. Y no precisamente La Voz.

13 lolo

Ostia.... Y el famoso agujero? Creo recordar que hace solo unos días la Xunta anunció que anulaba la compra de un helicoptero de salvamento dinero porque no tenía cuartos. Creo recordar también que el coste era de 4 millones de euros. Y si no recuerdo mal, creo también que junto a esa orden que mencionais se publicó otra por el mismo importe. Otros 2,5 millones de euros. Si anularon la compra del helicoptero porque no había 4 millones de euros para pagarlo, cómo es que ahora tienen cinco para los medios de comunicación. Menuda verguenza de Gobierno. Miente más que habla.

12 nómade

Isto é lamentable. Ben sabemos que as axudas aos medios están para comprar vontades e silencios pero no momento actual, se non hai cartos para educación, sanidade, etc, non pode haber un só euro para propaganda ou para subvencionar medios que teñen un uso residual da lingua. Véxanse as conclusións do recente libro, Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia, editado polo Consello da Cultura Galega e que ten como un dos autores a Anxo Lorenzo.

11 alfonso

Branco e en botella!! la voz de malicia...a ver qué pon desta nova!