Ampliación.- Feijóo engorda ás axudas aos medios con 2,5 millóns máis

Antes de "estudar" a regulación das subvencións aos medios, tal e como se comprometeu a pasada semana cos representantes dos xornalistas, Núñez Feijóo apresurouse, dous meses despois de asumir a Presidencia do Goberno galego, a ampliar o decreto de axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión asinado polo bipartito e o fai con 300.000 euros máis que o anterior goberno...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/06/2009 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Tamén o anterior bipartito ampliou o crédito ás empresas xornalisticas sen ter en conta a creación de emprego estable nin a diminución da precariedade. O 17 de marzo de 2008 asinaba un decreto que aumentaba en 2,2 millóns este tipo de axudas.  O novo executivo de Feijóo, utilizando este tipo de procedimentos, ben de engordar en 300.000 euros esta cantidade.

Así, o importe, que o anterior goberno fixaba para cada medio en 39.336 euros noutra resolución do 21 de novembro de 2008, será aumentado en 2,5 millóns de euros.

***********************

Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 21 de novembro de 2008, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión publicada no DOG nº 234, do 2 de decembro, establece as bases para a concesión destas subvencións.

O artigo 3 desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Comunicación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

5 Pardo de Cela

Agora si sabemos que comprar a determinada prensa costa 2,5 MM de euros, do resto ver informe completo na revista "Tempos Novos".
A xestión deste tema foi desastrosa, por parte do bipartito, pero semella que o será ainda máis pola dos recén chegados, que, seica, iban desenvolver unha política de austeridade?.

4 montoya

Quizás no es lo que parece y, como en otros tantos departamentos, es necesario ampliar crédito para pagar el agujero heredado. Porque en apenas tres meses, hubo un bipartito que dilapidó fortunas de cara a unas elecciones. Ahí se demostró que querer comprar a la prensa NO garantiza perpetuarse en el poder.

3 Piliteiro

A mercar vontades...empezamos a tecer a rede clientelar...mediática.

2 anónimo

La Voz ganó las las elecciones, La Voz (ese periodico liberal) recibe ahora la recompensa. Y porque no se nacionaliza La Voz, ya que vive del dinero público aunque su idelogía sea la contraria? Coherencia.

1 Pardo de Cela

Pero, non debía imperar a asteridade nestos tempos de crise?. O do Audi A8 semella unha broma comparado con este investimento. Ou non será que hai que pagar os favores prestados na precampaña e campaña electoral?.
Que non lle sorprenda a ninguén que o maior beneficiario no reparto sexa, cómo non!, o xornal de máis "tirada" de Galicia. Admítense apostas.