Un cento de persoas paga a denuncia en Bruxelas contra a privatización do Hospital de Vigo

A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública estima que en setembro haberá fallo da Xustiza Europea.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/08/2016 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Un total de 111 persoas e colectivos aportaron diñeiro do seu peto para financiar a denuncia da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública en Bruxelas contra a privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro. 

Protestas de profesionais sanitarios no Álvaro Cunqueiro pola falla de liberdade de expresión
Protestas de profesionais sanitarios no Álvaro Cunqueiro pola falla de liberdade de expresión | Fonte: CIG

A Comisión Europea xa admitiu a trámite a denuncia contra a concesión de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) levada a cabo polo goberno do PP da Xunta de Galicia. O novo modelo de xestión do hospital provocou algunha das maiores manifestacións que se recordan en Vigo.

A citada Asociación explica que tiveron que asumir facturas de letrados por un importe de 6.300 €, dos que faltan por abonar 4.100 €. Por iso montaron esta iniciativo de micromecenazgo, que tardou pouco máis dun mes en conquerir o diñeiro necesario.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

indica tamén que ao longo do mes de setembro prevé que os tribunais europeos ditaminen sobre a reclamación. Na súa opinión, un fallo favorable, acercaría un posible rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro e tamén dos demais centros sanitarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta