Temas: ESCOLA

Denuncian que o gasto da Xunta en comedores escolares xestionados polas Anpas se reduciu un 20%

Confapa Galicia critica que o Goberno galego recurta en comedores mentres o gasto das familias se incrementou en tres anos un 8,23 por cento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Confapa Galicia denunciou este venres que mentres o gasto das familias en comedores escolares se incrementou en tres anos nun 8,23 por cento, o gasto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en comedores escolares xestionados polas anpas se recortou nun 19,54 por cento.

Comedor na escola de Manzaneda.
Comedor na escola de Manzaneda.

Sobre o gasto en comedores escolares xestionados polas Anpas, Confapa puntualizou, a través dun comunicado, que este ten un "custo cero" para o departamento dirixido por Román Rodríguez, agás a propia subvención.

En concreto, Confapa pronunciouse deste modo despois de que a Consellería do ramo publicase a resolución pola que se conceden axudas aos comedores escolares xestionados polas anpas, "celebrando festivamente", precisou a Confederación Galegas de ANPAs de Centros Públicos, que "se dedicaron 523.000 euros" para este servizo".

"Non lle custa á Consellería nin un euro, pois todos os gastos os soportan as familias dos colexios públicos", defendeu a confederación de anpas, que nun cadro mostra que o importe subvencionado ascende ao 6,789 por cento no curso 2015-2016, ao 7,483 en 2014-2015 e ao 9,132 en 2013-2014.

Temas: ESCOLA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta