Asinan un manifesto de apoio ao BNG pola súa "aposta estratéxica pola soberanía"

Preto de 170 persoas respaldan este texto que recolle que o BNG conta cun "programa claro e concreto que analiza os problemas do país" e que ofrece "solucións posibles e axeitadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Preto de 200 persoas, entre as que se inclúen destacadas personalidades da cultura galega, asinaron un manifesto de apoio ao BNG baseándose en, entre outras cuestións, a súa "aposta estratéxica pola soberanía como un horizonte posible e necesario".

Ana Pontón, líder do BNG
Ana Pontón, líder do BNG | Fonte: EP

Neste texto, baixo o título 'Avante Galiza!', os asinantes admiten que as súas "visións críticas" coa organización frentista "permanecen", pero recalcan que "é moito máis" o que lles "une" ao Bloque.

Así, destacan que a candidatura que lidera Ana Pontón conta cun "programa claro e concreto que analiza os problemas do país" e que ofrece "solucións posibles e axeitadas", así como o compromiso dos nacionalistas de que a súa representación non contribuirá a manter o PPdeG á fronte da Xunta.

De igual modo, poñen en valor a "idoneidade" dos membros das listas do BNG, pois en "momentos difíciles" tanto para as siglas coma para o nacionalismo, tiveron a "valentía" de dar un "paso adiante".

Entre os asinantes do manifesto 'Avante Galiza!' atópanse o escritor e cantante Xurxo Souto, a escritora Anxos Sumai, o pintor Leandro Lamas, os xornalistas e escritores Margarita Ledo e Miguel Anxo Murado, o ilustrador Pepe Carreiro e o actor e director Quico Cadaval.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

2 Coalición

Falta Abel Caballero e os colaboradores en prensa do PSOE/BNG http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Danilov

Coñecidos na súa casa á hora para comer. Iso si, ben regados de diñeiro público, especialmente cando o bipartito

1 RWZS

Que ti non os coñezas non implica que sexan descoñecid@s. Ben sei que serían máis populares se fose unha lista de particimantes en "Gran Hermano"... pero do mundo da cultura galega está unha boa representación. As cousas como son. Está xente por ter aportado valor á cultura galega, non por ser famosos ou mediáticos.

2 Retrucos

Si non saes en La Sexta, non existes. En fin, así está o nível na suposta esquerda galega.