Iglesias a Rajoy: “En Galicia presentan ao amigo dun narco”

No debate de investidura, o líder de Podemos lembra amizade de Feijóo con Dorado e anima ao PSOE a construír unha alternativa no Estado argumentando que moi pronto tamén van pactar un goberno en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 31/08/2016 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O líder de Podemos realizou varias referencias a Galicia na súa primeira intervención no debate de investidura. Pablo Iglesias aproveitou a atención mediática suscitada no Congreso para meter baza no debate da precampaña electoral galega.

Pablo Iglesias no debate de investidura no Congreso
Pablo Iglesias no debate de investidura no Congreso

Así, o secretario xeral de Podemos espetoulle a Mariano Rajoy que en Galicia “presentan de candidato ao amigo dun narcotraficante”. Iglesias sitúa así de novo en primeiro plano as polémicas fotos de Alberto Nuñez Feijóo co seu daquela amigo o narcotraficante Marcial Dorado, cando Feijóo era o número dous da Consellería de Sanidade.

No seu discurso, Iglesias mostrouse orgulloso de que ninguén especule de que o seu grupo apoie a Rajoy. Todo apunta a que este intento de investidura será fallido. Ante este estancamento, o líder de Podemos reclamoulle ao PSOE que mova ficha. Sen incidir demasiado na posibilidade dun goberno alternativo de esquerdas canda os socialistas e os nacionalistas, Iglesias lembroulle a Pedro Sánchez que xa gobernan xuntos en moitos lugares. 

“Logramos acordos en moitos concellos e autonomías e moi pronto o imos lograr tamén en Galicia”, declarou o responsábel podemita, en referencia as enquisas que apuntan que unha coalición de En Marea, PSOE e BNG sería quen de botar ao PPdeG de San Caetano. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Alexandre Dadas

Maduro é un presidente democrático que mete golpistas coma o Leopoldin a lamber barrotes

1 nostrus

Claro, pero él es amigo de un dictador y no pasa nada.