Utiliza Feijóo a Xunta para facer anuncios electorais a menos dun mes do 25S?

O presidente galego xustifica varios acordos con sectores que viñan protestando nos últimos meses porque “agora o Goberno galego ten orzamentos e posibilidades” para axudalos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 01/09/2016 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O Goberno galego acaba de chegar a un acordo cos profesionais contraincendios da Xunta para “profesionalizar” a súa situación e tamén cos mariñeiros que faenaron en barcos de Noruega e aos que este país non quere recoñecer a pensión de xubilación. Dous acordos que chegan a menos dun mes das eleccións galegas e que desde a oposición cualifican de electoralistas.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Sen embargo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou estas medidas porque, agora, dixo, a Xunta dispón de máis “orzamentos” e, polo tanto, de “posibilidades”, para axudalos. Foi na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta tras preguntar GC o por que destes acordos cando estes sectores levan meses e anos pedindo axuda.

Así, destacou que a Xunta acordou darlle a categoría de bombeiros forestais aos 2.000 profesionais que traballan para Medio Rural e dixo que, agora, poderán optar a ser funcionarios. Ademais, destacou que aqueles que teñan máis de 60 anos pasarán a tarefas de prevención e que no seu lugar, para tarefas de loita contra o lume, serán contratados novos profesionais das listas de contratación. “Xa levabamos tempo falando na mesa de negociación e, por fin, agora, chegamos a un acordo que é moi interesante para os bombeiros tamén para a Xunta”, xustificou.

En relación aos mariñeiros afectados pola denegación da xubilación por parte de Noruega, tras botar anos traballando en buques coa bandeira deste país, o presidente galego anunciou que o seu goberno destinará 70.000 euros para sufragar os gastos que este colectivo teña a nivel xudicial, as viaxes que teñan que realizar a Noruega e para publicitar a súa problemática.

“Esas reivindicacións son xustas e razoables e se podemos botar unha man pois botarémola”, dixo en alusión aos mariñeiros, un colectivo de preto de 8.000 persoas aos que tanto o goberno como a xustiza Noruega lles teñen denegado a pensión de xubilación. “Eu xa falei co ministro e chegamos á conclusión de que non hai xa marxe de diálogo e que por iso hai que ir aos tribunais internacionais”, indicou Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

6 anonimo

Todolos galegos temos que ter claro que o unico voto util para garantir prosperidade e futuro, soberania, defensa dos servizos publicos, rexeneracion democratica, defensa dos nosos sectores economicos e a lingua propia, beneficiarnos dos nosos recursos (tarifa electrica galega, banca publica, etc)... o unico voto util para unha Galiza con peso no mundo e que non teña que emigrar é o voto o BNG. O resto de partidos son españolismo e seguiran os dictados de Madrid. Galiza primeiro, os galegos primeiro. Por unha Galiza soberana dentro dunha Confederacion Iberica. Catalans, vascos, madrileños, valencianos... todos miran polos seus intereses, non sexamos os galegos os unicos parvos que non defenden o seu, cando Galiza foi reino.

1 anonimo

Defendamos a nosa lingua, o AVE galego, o sector lacteo e a pesca, o dereito a ter unha tarifa electrica galega por sermos productores, unha banca publica galega para que aforro se invirta aqui, emprego de calidade para evitar a emigracion, pensions dignas, mais participacion na toma de decisions, soberania para decidir sobre o que nos afecta e asi mellorar a calidade de vida dos galegos, etc. Os nacionalistas queremos a unidade de todolos pobos de Iberia, mais dende o recoñecemento e a soberania das diferentes nacions.

5 anonimo9723

La Dip. Prov. de Lugo ha tenido a bien lanzar un programa ayudas para la mejora de infraestructuras y equipamientos en el medio rural ( http://goo.gl/M1BjOz). A este programa se destina un total de 1,5 millones de euros, y la Diputación abona a cada beneficiario un anticipo del 95%. Casualmente el anuncio de este programa lo hizo hoy, 1 de septiembre de 2016, el presidente de la Diputación, el señor Darío Campos. Campos milita en el PSdG-PSOE, esto es, no lo hace en el PP. Por tanto, lo hecho por Campos et al. no es electoralismo, sino una muestra de políticas sociales; y yo me chupo el codo.

1 Leirachá

A deputación de Lugo é igual de suxa que a de Ourense, só que como hai mantidos "progres" que maman, non choran...

4 Galego

Menudos sociólogo experto temos aqui jajajajaja, eu fun votante do Bloque, despois de Anova e agora do Bloque outra vez visto o visto, e nom votaría a Marea se nom se presentase o Bloque, nom sei de onde sacades a tontería de que a Coz apoia o BNG sabendo que a única posibilidade de sacar a Feijoo é que o BNG saque un bo resultado, no cabe outra posibilidade.

1 Sociólogo

De onde o saco? Ti debes de ser o último que se entera no país. Caneiro, Barreiro, Santiago Rey... todos eles eloxian ao BNG e a súa candidata desde hai meses. Só tes que buscalo na rede. Non intoxiques. Comprendo que non che guste a verdade, pero é a que é.

3 Ernesto

Los mismos que hablan constantemente de devolverle el protagonismo a la ciudadanía son los mismos que insisten en lo de echarle la culpa a la TVG y a La Voz de las victorias del PP en Galicia. Esa fe en el pueblo es la que acaba con vosotros...

2 Sociólogo

Pois Feijoo usa as dúas, os servizos informativos oficiais da Xunta e os servizos subvencionados, que levan meses difamando todo o que se move perto de En Marea e alabando o Bloque e Ana Pontón. O que indica o medo que teñen, porque este é o Bloque que foi con Bildu e que apoia a Otegi, pero prefiren este BNG a que Luís Villares gañe as eleccións. O medo de La Voz de Galicia é a mellor sondaxe.

1 Galahaz

Puf, vaia teima que tendes algúns co BNG... Pois se de verdade queres que Feijoo non acade a maioría absoluta deberías saber que resulta imprescidíbel que o BNG, a parte de superar a barreira do 5% dos sufraxios totais obtidos (xa que sen isto non habería ningunha opción de quitarlle a absoluta ao PP), obteña polo menos un escano en cada unha das provincias interiores, que é onde menos escanos hai en xogo, por unha simple cuestión de aritmética electoral, xa que no caso contrario todos eses votos colleitados polo BNG en Lugo e Ourense irían ao lixo. Por esta mesma razón o ideal para que Feijoo non recunque é que C's saque todos os votos posíbeis sen superar en todo caso o 5% dos votos totais emitidos, porque serían votos perdidos dos que o PP non se podería aproveitar se non obtén a maioría.

2 Galahaz

De feito aquí podes ver como, de acordo coa última enquisa da Voz (que non digo que me fíe dela, simplemente a poño como exemplo) a única provincia onde o PP obtén a maioría dos escanos é en Lugo porque o BNG non obtén representación. Moi posiblemente de entrar o BNG no reparto dos escanos por Lugo quen perdería ese escano sería o PP (habería que ver os restos para aseguralo) pola simple razón de que cantos máis escanos obteña un partido menos votos precisa para obter o seguinte: http://www.lavozdegalicia.es/defaul...

3 Sociólogo

Xa. Por iso La Voz de Galicia apoia ao BNG? Para que o PP perda a maioría? Se fose así estaría todo o día Luís Villares en La Voz e na TVG, e cando o sacan póñeno mal, e a Ana Pontón moi ben. Repasa a Lei d´Hondt e os resultados de En Marea cando pasa a fronteira do 20%. O que faría perder a maioría absoluta ao PP sería un bo resultado de En Marea e de PSOE, o BNG vai restar, sobre todo en Lugo e en Ourense. Sonche parvos os da Voz...

4 Galahaz

Eu non sei porque a Voz apoia ao BNG, o único que sei é que asumindo o "problema" (se o prefires) de que o BNG vai sacar unha cantidade de votos "considerable" (digámolo así), porque gustes ou non aínda hai xente que vota neles, nese escenario resulta imprescindíbel que eses votos sirvan para obter escanos por Lugo e Ourense. Evidentemente se o BNG non se presentase ás eleccións e todos os seus votos fosen á Marea ou ao PSOE o rendemento electoral deses votos sería moito máis elevado, mais como iso non vai acontecer, e o BNG si se vai presentar ás eleccións, que os votos que o Bloque obteña por Lugo e Ourense se transformen en escanos resulta máis que necesario. E se non o queres ver, se pensas que é mellor que o marcador dos escanos do BNG se quede a cero en Lugo e en Ourense antes de que obteñan un escano por cada unha das provincias, é que non tes nin idea de como funciona a lei electoral.

5 Sociólogo

Toda persoa de esquerda e nacionalista sabe e soubo sempre a quen apoia La Voz e por que, e sabe que o fai de acordo cos intereses do momento. Neste momento ao PP convenlle que o BNG sume e que o voto non se concentre na Marea. Ti mesmo acabas de admitilo entre liñas.

6 Galahaz

Eu non admitín nada. Sigo a dicir que o que lle interesa ao PP non é que o BNG sume, senón que non chegue a entrar no reparto de escanos por Lugo e Ourense. Dá por seguro que se ao final eses votos do BNG van ao lixo a nova maioría absoluta de Feijóo está garantida. Por outro lado, o que dixen de que o rendemento electoral dos votos ao BNG sería máis elevado na Marea ou no PSOE se o Bloque non se presentase a estas eleccións non era máis que un exemplo hipotético, porque a política non son matemáticas, e de non existir o BNG moito votante nacionalista non votaría na Marea ou no PSOE, senón que simplemente ficaría na casa ou votaría noutras opcións como CxG (cuxos votos, por certo, tamén poderemos chegar a achar en falta o 25-S). Non entendo as leas entre a esquerda e o nacionalismo cando ao final, sendo obxectivos, todos somos necesarios para derrotar a Feijóo. Sen un "bo" resultado para o BNG non haberá mudanza na Xunta, asúmeo.

7 Guerradelixo_ppsoeira

Oes, "sociólogo", tí de dónde sacas que a Voz apoie ao BNG? Invito a todos a que vaian á VdeG: http://www.lavozdegalicia.es e vexades cómo MINTEN coma trolls que son sobre o BNG estes PPSOEIROS. Das novas de portada, hai algunha que sexa a prol do BNG? Non son TODAS a prol do PP e do PSOE? O do emprego...a prol do PP, o de Angrois...electoral a prol do PP, o da falla de goberno...tesis do PP, apoia ao PP, o da impugnación, o do comité federal do PSOE. UNHA nova do BNG e ven sendo vella e tendenciosa cando di "aferra" coma se eso fose o único que ten que presentar o BNG. Sodes mentiráns ata cando respirades.