O futuro dos pequenos partidos do BNG

Esta fin de semana terá lugar a asamblea constitutiva de +BNG para tentar constituirse coma un partido. Sen embargo o alumbramento desta nova formación trae parellos varios problemas que esta primeira xuntanza non resolverá e que se terán que falar e resolver con moitos encontros posteirores...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/07/2009 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

None

E é que un dos principais enigmas do novo partido é o destino dos vellos colectivos organizados que integran +BNG; é dicir, PNG-PG, Colectivo Socialista, Inzar e EN. Unha problemática que, polo momento, ten difícil solución.

Un grupo importante de independentes de +BNG quere a desaparición formal destes partidos e a inclusión da súa xente como militantes máis no novo partido, aínda que conservando un "estatus especial" como corrente de opinión. Outros abogan por manterse como partido organizado dentro da nova formación e os menos buscan fórmulas alternativas para evitar un divorcio que poderían consistir na constitución dunha fronte, ao estilo do BNG. "Pero falariamos dunha fronte dentro doutra fronte", apunta un dirixente consultado para falar do revirado da fórmula.

Colectivos como Espacio Socialista e Inzar estarían dispostos a falar de novas fórmulas para integrarse no novo partido, pero EN e, especialmente, PNG-PG son reacios a abandonar as súas siglas e integrarse nun novo partido. Os dirixentes da formación herdada do Partido Galeguista de Castelao, e a único que non é de esquerdas dentro do BNG, non quere perder a súa idiosincrasia e a súa historia.

Por iso, e a falta de que se poñan enriba da mesa fórmulas que poidan gustar a todos, o nacemento de +BNG como partido pode ser longo e traerá aparellado conflictos de intereses. Con todo, os principais impulsores desta nova formación son conscientes da necesidade de unificar posturas e de concentrar esforzos para facer fronte, conxuntamente, ao poder que a UPG ten dentro do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

14 o susiño

Ninguén discute o nome de Mais BNG, que tivo utilidade para un congreso e será cambiado.
O caso é que no BNG exista unha corrente que se desmarque da corrente maioritaria tradicional que foi a UPG.
Porqué?, porque precisamos un nacionalismo con vocación de forza de goberno, un nacionalismo que sexa de gobernar e non de resistencia. Que sexa útil e non teña vocación de grupúsculo de puros. Un nacionalismo que non exclúa a un nacionalista por ter diglosia, que loite e expoña ós galegos un enfoque non só cultural, que tamén, senón tamén económico e político. Resumindo, o millor e volver a loita armada.

13 nado fora

xarope,tedes razon en moito; unha preguntaa todos? o Png Pg ten tan soo 130 afiliados?

12 Argimiro

Agradeceríase a simplificación da sopa de letras: por que non fundan un partido, ou dous? Digo eu, para non despistar moito ao electorado

11 anónimo

Pero o BNG ten futuro?

10 anónimo

o certo é que, algúns dos promotores de + BNG que participaron da xestión bipartita, non se destacaron precisamente por exercelo goberno con pautas reais de esquerda