O futuro dos pequenos partidos do BNG

Esta fin de semana terá lugar a asamblea constitutiva de +BNG para tentar constituirse coma un partido. Sen embargo o alumbramento desta nova formación trae parellos varios problemas que esta primeira xuntanza non resolverá e que se terán que falar e resolver con moitos encontros posteirores...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/07/2009 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

None

E é que un dos principais enigmas do novo partido é o destino dos vellos colectivos organizados que integran +BNG; é dicir, PNG-PG, Colectivo Socialista, Inzar e EN. Unha problemática que, polo momento, ten difícil solución.

Un grupo importante de independentes de +BNG quere a desaparición formal destes partidos e a inclusión da súa xente como militantes máis no novo partido, aínda que conservando un "estatus especial" como corrente de opinión. Outros abogan por manterse como partido organizado dentro da nova formación e os menos buscan fórmulas alternativas para evitar un divorcio que poderían consistir na constitución dunha fronte, ao estilo do BNG. "Pero falariamos dunha fronte dentro doutra fronte", apunta un dirixente consultado para falar do revirado da fórmula.

Colectivos como Espacio Socialista e Inzar estarían dispostos a falar de novas fórmulas para integrarse no novo partido, pero EN e, especialmente, PNG-PG son reacios a abandonar as súas siglas e integrarse nun novo partido. Os dirixentes da formación herdada do Partido Galeguista de Castelao, e a único que non é de esquerdas dentro do BNG, non quere perder a súa idiosincrasia e a súa historia.

Por iso, e a falta de que se poñan enriba da mesa fórmulas que poidan gustar a todos, o nacemento de +BNG como partido pode ser longo e traerá aparellado conflictos de intereses. Con todo, os principais impulsores desta nova formación son conscientes da necesidade de unificar posturas e de concentrar esforzos para facer fronte, conxuntamente, ao poder que a UPG ten dentro do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

19 mosquera

Poden casar Inzar e o PNG?
Pode ser de esquerdas unha corrente que nace do Quintanismo ou sexa o neo-Baltarismo nacionalista?
Que cacao!

18 Meroveo

Coido que para un xentil (alleo á igrexa nacionalista) tal sopa de letras semellaralle unha peli cómica de Monty Pyton.

17 Zutabe

Tamén está vivo o PSOE e o PP (a mesma merda é). Xa me dirás de que vale se se acaban facendo as mesmas políticas, como ben sabes, amighiño.

16 ano nim ho!

disque hai movimento?? de capitais, non é? Ou de vultos, porque de ideas...

15 anónimo

Nocello, levas razão, não é o Colectivo Socialista (que está no Encontro Irmandinho) senão o Espaço Socialista Galego (ESG), a cissão de EN.

Zutabe: o BNG, teatro de carautas? Bom, é o que tenhem as forças políticas que estão vivas e contam com milheiros de militantes... que hai movimento. Na FPG não vos passa, já sei.