Así atacan as vespas asiáticas ás nosas abellas

En pouco máis dun mes, César Galdo Paz, un profesional do audiovisual cunha ampla traxectoria no país, suma máis de 20.000 reproducións co seu espectacular vídeo en HD sobre o ataque a unha colmea por parte da famosa vespa asiática, a vespa velutina nigrithorax.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/09/2016 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Galdo filmou o ataque con slow motion, a cámara ultra lenta, en concreto a 240 frames por segundo, e en alta definición. O resultado permítenos observar en detalle o pánico das abellas, amoreadas na porta da colmea, mentres as velutinas intentan cazar, ás veces sen éxito, as traballadoras que volven á base tras recolleitar o polen.

Vespa Vetulina ou asiática atacando unha colmea
Vespa Vetulina ou asiática atacando unha colmea | Fonte: Cesar Galdo youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Comunista Independentista

Iso é polos 4M€ de débeda que ten o BnG cos bancos españois