Feijóo blinda o dereito dos castelánfalantes na Xunta a dez días do 25S

A Xunta aproba o Decreto de Protección Cidadá que equiparará o uso do galego e do español na Administración pública galega.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/09/2016 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

“A partir de agora, calquera cidadán que acuda á Xunta e se exprese en castelán poderá ser respondido polo funcionario que o atenda en castelán". Así de contundente foi este xoves o anuncio realizado polo presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, sobre os dereitos lingüísticos dos usuarios que acudan á Administración galega.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Este “novo” dereito dos cidadáns será “blindado”, segundo Feijóo, no novo Decreto de Protección Cidadá, tal e como confirmou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Ata hoxe a todos os cidadáns que a acudían ás nosas dependencias administrativas se lles contestaba en galego, independentemente de se utilizaban esta lingua ou o castelán. Agora iso vai cambiar”, destacaba.

Un anuncio que chega a dez días dos comicios autonómicos e que entronca cunha das esixencias expresadas por Ciudadanos, o partido que pesca no caladoiro de votos do Partido Popular. Precisamente, a súa candidata, Cristina Losada, exprésase habitualmente en castelán, e así o fixo no debate a cinco que tivo lugar o pasado luns na CRTVG.

Preguntado por GC como se equiparará ese dereito, se se lle preguntará ao usuario en que idioma quere que se lle responda, Feijóo dubidou. Primeiro dixo que sería contestado na lingua que utilizara, aínda que despois matizou que, “agás que indique o contrario, será respondido en galego”.

Este novo decreto tamén recolle a creación dunha Oficina de persoas usuarias para que a opinión dos cidadáns “tamén se teña en conta”. “Non só se trata de recibir queixas, senón tamén de contestalas”, matizou Feijóo. Asemade, lembrou que os galegos dispoñen xa dun Portal da Transparencia que, ademais, dixo, publicará informes anuais e destacou que se incorporará o potal electrónico da Xunta ás queixas.

Rosa Díez, ex lider de UPyD, xunto coa actual presidente do Congreso, Ana Pastor, nunha manifestación de Galicia Bilingüe
Rosa Díez, ex lider de UPyD, xunto coa actual presidente do Congreso, Ana Pastor, nunha manifestación de Galicia Bilingüe | Fonte: Manuel Vilas

Este anuncio de Feijóo coincide, ademais, cunha nova queixa por parte da asociación Galicia Bilingüe que ten denunciado a un centro educativo por espoñer na web e no propio centro o cartel gañador da pasada edición do Día das Letras Galegas. Este cartel reza: "Fala galego, non sexas lelo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

15 Antiordenadores do AGE

Ante o clamoroso silencio da mareante RAG de Alonso Montero,

14 Sarriá

Se ve que al Partido Popular le empiezan a temblar las piernas ante el aumento de voto de Ciudadanos.

13 Jesucristo (p-m)

In English, please. Galego is just for cows and fuckin´rednecks.

12 Nexus 6

Las lenguas no tienen derechos, como tampoco tienen deberes. Son los ciudadanos que las usan los que los poseen. Las lenguas son, básicamente, herramientas de comunicación, objetos de creación humana cuyo fin único y primigenio es la comunicación. La oficialidad de las lenguas debe ser el único criterio en que se regule su uso. De tal manera que si en un territorio (en este caso nuestra región) coexisten dos lenguas oficiales, los usuarios de las mismas, deben tener los mismos derechos para usarlas en cualquier circunstancia. Tanto el que acude a una ventanilla oficial como el que contesta desde ella, podrá usar la que crea conveniente ya que no hay gallego que no entienda ambas.

1 avelino darriba

As linguas non sei se teñen dereitos, pero eu sí. E RESERVOME O MEU DEREITO E O DOS MEUS FILLOS A EXPRESARNOS NO IDIOMA DO MEU PAÍS CANDO E ONDE NOS PETE. Xa pode o señor Feijoo e toda a súa comparsa de españoleiros dicir misa en inglés.

2 avelino darriba

As linguas non sei se teñen dereitos, pero eu sí. E RESERVOME O MEU DEREITO E O DOS MEUS FILLOS A EXPRESARNOS NO IDIOMA DO MEU PAÍS CANDO E ONDE NOS PETE. Xa pode o señor Feijoo e toda a súa comparsa de españoleiros dicir misa en inglés.

3 nostrus

Nexus 6. Si se puede dar el caso de gallegos que no entiendan el gallego, como puede ser el caso de una persona procedente de otra region que se empadrone en Galicia y pasa a ser gallego sin comprender el gallego. Avelino, efectivamente ti tes o dereito a usar o galego canto che pete e onde che pete, pero recorda que tamen tes a obriga de comprender o español: Tamen che rogaria que non chamaras españoleiros aos que non temos ningun complexo por ser españoles.

11 Gamela

Decreto de Protección Cidadá / cómpre con URXENCIA unha lei que protexa aos cidadáns de FEIJOO ! Vai quentándose a campaña electoral / seica é o único camiño que atopa para gañar as eleccións ? Enfrontar a galegos contra galegos NON GRACIAS !!!