Feijóo sobre a pseudo-caixa finlandesa: ‘Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar’

O Partido Popular apura as súas promesas electorais e indica que ampliará a caixa benvida con máis cueiros xa que segundo dixo “si gananos, os vais a cagar”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/09/2016 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O PP está a subir a intensidade da súa campaña con máis promesas. Agora tócalle ao turno á caixa benvida que lanzou como unha mala imitación da súa homóloga finlandesa. Indicaron que incluirá moitas cousas máis coma un billete de avión (soamente de ida) ao destino europeo no que queira traballar o neno, unha libreta de aforro en Abanca con 1 euro para que os país vaian metendo cartos para poder pagar a matrícula universitaria, un bote de vitaminas para que non enferme e non teña que ir a urxencias, un catecismo e un precontrato para un fondo de pensións privado xa que non van existir as pensións públicas cando lle toque xubilarse.

O unboxing da cesta benvida (mala imitación da caixa finlandesa) mostra o seu contido. Incluirá máis cueiros incluidos algúns para adulto
O unboxing da cesta benvida (mala imitación da caixa finlandesa) mostra o seu contido. Incluirá máis cueiros incluidos algúns para adulto

A caixa tamén incluirá máis cueiros, tamén de adultos para que os usen os pais e nais, se volve gañar as eleccións. “Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar”, indicou o presidente nun mitin celebrado en Lalín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta