O alcalde de Ferrol pide "autocrítica" a En Marea

"Non logramos mobilizar á nosa xente", asegura Jorge Suárez que aposta por buscar "unha mellor conexión coa cidadanía".

Por E.P. | Ferrol | 26/09/2016 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), mostrou a súa "decepción" polos resultados obtidos por En Marea nas eleccións deste domingo, ao "non lograr" o obxectivo marcado de obter "suficiente número de parlamentarios para, entre todas as forzas da esquerda, representar a maioría social" que "está sendo agredida".

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

"Non logramos mobilizar a nosa xente e por iso non pode avaliarse como un éxito en ningún dos casos, e por iso estamos bastante decepcionados co resultado, porque Feijóo vai continuar sendo presidente outros catro anos," lamentou Suárez.

O rexedor de Ferrol en común tamén apelou á "autocrítica necesaria" e continuar "traballando nos procesos de construción deste novo suxeito político" para "buscar unha mellor conexión coa cidadanía" e coa "xente que está a sufrir recortes". "Que vexan en nós unha alternativa e continuar dando pasos para futuras citas electorais", apuntou.

DISPUTAS DO BIPARTITO

Jorge Suárez destacou que, no caso concreto da cidade de Ferrol, "En Marea logrou 7.500 votos, que é un número moi similar ao das anteriores eleccións xerais". "Se o extrapolamos ao ámbito local, e sumados aos logrados por PSOE e BNG, continuariamos sendo forza de Goberno, pero é algo que non nos serve de estímulo", subliñou.

O alcalde de Ferrol realizou autocrítica e incidiu na necesidade de "trasladar á cidadanía" o "traballo diario" do goberno "en lugar de mostrar as disputas internas no ámbito do bipartito" ferrolano. "Temos dous anos por diante, sabendo xa que non imos ter a colaboración da Xunta, e, polo tanto, temos que crear un bloque sólido e continuar traballando", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Ted Flanders

A vosa xente?.....i eu que pensaba que vos érades parte da xente!.....non será que xa sodes casta? ou caspa?

3 Juan sen Medo

Comeza por facer autrocrítica ti, déspota do carallo ¡¡¡¡

2 Loureiro

O que non quixo que houbese primarias para elixir ó candiadato u candidata á alcaldía de Ferrol, sacando peito e seguindo as instruccións de Yolanda Díaz que é quen manda en Ferrol en Común

1 Autocrítico

Nos sitios que gobernan os baróns foi onde o seu candidato títere sacou peores votos. Se queres autocrítica volve á liberación de CC OO de sempre que seguro que cha teñen reservada