Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2016 | Actualizada ás 10:57
O prezo do leite que se paga a produtores en Galicia subiu en agosto ata 27,2 céntimos o litro, fronte aos 26,8 céntimos de xullo, no que supón o primeiro repunte no que vai de ano, xa que dende xaneiro se producira unha caída continúa dende os 28,8 céntimos.
Así figura nos datos do Ministerio de Agricultura, nos que se observa como Galicia segue sendo a comunidade na que menos se paga aos gandeiros polo seu leite, nun mes de agosto de incrementos de prezos xeneralizados en España.
Neste sentido, a media galega (27,2 céntimos o litro) está a case dous céntimos de distancia da española (29 céntimos) e a máis de sete céntimos do prezo que cobran en País Vasco (34,3 céntimos).
Non obstante, o número de explotacións lácteas non deixa de descender en Galicia, xa que en agosto houbo 8.709 produtores que realizaron entregas, os cales son 46 menos que en xullo e 369 menos que os 9.078 cos que comezaba 2016.
Pola súa banda, a produción descendeu un 2,5% en agosto respecto a xullo en Galicia ata quedar en 216.988 toneladas, a segunda cifra máis baixa no que vai de ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.