O PP creou un “problema público” ao usar a lingua como “elemento de confrontación”

A doutoranda Marta Gómez Ocampo, da Univesidade de Santiago de Compostela, analiza a estratexia seguida polo PPdeG e colectivos como Galicia Bilingüe para facer emerxer o conflito arredor do uso do galego no ensino.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/10/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O decreto do pluringüismo supuxo "un retroceso en materia de política lingüística" e foi o froito do uso da lingua como "elemento de confrontación política, como arma electoral" do PP mediante a "utilización de termos como «imposición», «adoutrinamento» ou «liberdade de expresión»". Así o explica a doutoranda en Xestión Pública Marta Gómez Ocampo, da Universidade de Santiago de Compostela, nun artigo publicado no último número da revista Grial sobre o "nacemento, auxe e consecuencias da creación dun problema público" arredor da lingua galega.

O Apalpador nun acto de Queremos Galego para pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo.
O Apalpador nun acto de Queremos Galego para pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo.

Segundo a análise de Gómez Ocampo, o discurso sobre a lingua por parte do PP a partir da campaña electoral de 2009, cando a colectivos como Galicia Bilingüe, "fixo rexurdir e fomentou os prexuízos cara ao galego e a súa utilidade no eido do ensino cuxos ecos aínda resoan case unha década despois".

A autora é crítica co decreto do plurilingüismo que logo impuxo o PP cando acadou o poder en 2009, pois "non só se reduce o número de horas de docencia en galego senón que se volve a un modelo semellante ao imperante durante os anos noventa, onde a pasividade da Administración e a permisividade de inspección educativa deixa nas mans dos centros o cumprimento da normativa e os avances en normalización en mans dos EDL, familias e docentes comprometidos coa lingua galega".

Gómez Ocampo lembra que, malia a súa importancia, "a política lingüística en Galicia, non ocupou un papel relevante na axenda política autonómica" durante máis de dúas décadas, pola existencia dunha relativa “paz lingüística”.

"A pesar das continuas confrontacións entre administración e nacionalismo, semellaba existir un consenso sobre a o feito de que o galego estaba nunha situación de inferioridade con respecto ao castelán e que era necesario adoptar normativas que regulasen a presenza das dúas linguas oficiais no ensino que garantisen a progresiva normalización do galego. Así, pese a existencia de diferentes visións en canto á intensidade que a política lingüística debía ter, as diferentes normativas que regulaban a presenza do galego do ensino foron aprobadas por unanimidade no Parlamento autonómico", explica a autora, quen recorda que "grupos contrarios á normalización da lingua galega tiñan un peso marxinal".

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

GOBERNO BIPARTITO E CAMBIO NA ESTRATEXIA DO PP

Porén, esta situación mudou a partir das eleccións autonómicas de 2005, cando por primeira vez un partido nacionalista —o BNG— entrou a formar parte do Goberno galego, en coalición co PSdeG. Esta nova etapa permitiu que se aprobase un novo decreto que garantirá que, como mínimo, que un 50 por cento das materias se impartirían en galego, coa oposición do PPdeG, "iniciándose así un período que vai a alterar por completo o escenario da política lingüística galega: durante o período comprendido entre os anos 2007 e 2009 a crispación política ao redor da lingua chegou a acadar límites xamais vistos", subliña a autora.

Nestes anos, termos como “imposición lingüística”, “liberdade de elección”, “adoutrinamento nas aulas” ou “ruptura do bilingüismo harmónico” foron unha "tónica habitual no discurso do PPdeG e de Galicia Bilingüe", describe Gómez Ocampo.

Esta estratexia levouse aos medios de comunicación, nos que "a cuestión da lingua copaba as portadas e contidos dos principais medios e convertíase nun dos principais elementos do discurso político, chegando a ser, en plena crise económica, un dos piares fundamentais na campaña das eleccións autonómicas de 2009".

"O PPdeG asumía así unha visión máis próxima á liña estratéxica e ideolóxica seguida polo Partido Popular a nivel nacional, para quen a cuestión da lingua era, sobre todo en Cataluña, un eixe importante do seu discurso político e da súa estratexia como membro da oposición", explica a doutora.

Segundo Gómez Ocampo, a política levada a cabo polo goberno bipartito, plasmada no decreto 124/2007, seguía a mesma liña que as normativas anteriores: a asignación de porcentaxes para cada unha das linguas, máis "cunha diferenza fundamental: non só se incrementaba a cota de materias que impartir en galego, senón que se establecían medidas de avaliación e control que garantirían o cumprimento da normativa".

Neste novo contexto, no que o PP decidiu iniciar o confrontamento lingüístico, o colectivo Galicia Bilingüe xogou un papel fundamental. "Consciente ou inconscientemente, soubo aproveitar a ruptura do consenso en materia de política lingüística e a posición adoptada polo PPdeG para liderar a oposición ao decreto 124/2007 e impulsar a súa propia proposta de modelo educativo que, dende finais dos anos oitenta, defendían colectivos semellantes", argúe Gómez Ocampo.

GOBERNO DO PP E DECRETO DO PLURILINGÜISMO

Nas eleccións de 2009 gañou o PP e Alberto Núñez Feijóo converteuse en presidente da Xunta, despois dunha "dura e intensa campaña electoral marcada por cruzamentos de acusacións e ataques persoais" e na que "a cuestión da lingua ocupou unha posición central"

"O novo goberno de Núñez Feijoo tiña agora que enfrontarse coas consecuencias de crear e alimentar o «problema da lingua»”. O nomeamento de Anxo Lorenzo como secretario xeral de Política Lingüística foi, segundo esta autora, un "intento por desvincularse dos discursos sobre a lingua que defendía Galicia Bilingüe e sectores do propio PPdeG". Pero a polémica reavivouse co polémico decreto aprobado en 2010, contestado por un amplo sector da sociedade galega.

"Despois dun borrador de decreto presentado o 31 de decembro de 2009, que tivo unha forte contestación social, o goberno procedería a introducir algunhas modificacións e aprobaría en maio de 2010, co voto en contra de PSdeG e BNG, o decreto 79/2010, coñecido como o «decreto do plurilingüismo», que introduciría importantes cambios con respecto á normativa aprobada polo goberno bipartito: reducíase a porcentaxe de horas que impartir en galego, establecíase unha consulta aos pais para determinar a lingua materna en Educación Infantil, os Equipos de Normalización Lingüística pasaban a denominarse Equipos de Dinamización Lingüística e perdían peso no proxecto de normalización dos centros, outorgaba ao alumnado a liberdade para empregar a lingua da súa preferencia e volvía apostar por medidas de control e avaliación máis laxas", recorda a doutora da USC. 

Seis anos despois, o conflito lingüístico segue vivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

7 Españolistas dades noxo

Curioso que co castelán imposto ninguén se manifeste en contra.

6 Sonia

Galegus, Nostrus, Nexus e os outros nicks dos Bífidos, entre eles seguro que o vicepresidente do grupúsculo vigués e a persoa que leva as súas redes sociais, pensades que botando unha mentira aquí e outra alá, con argumentos tan peregrinos como xuntar a Gurtell con Baltar e o idioma galego, a falacia de dicir que nos centros galegos se chegaba ao 100% das horas en galego ou non sei que chorradas de himnos, han pensar que levan razón. Señores bífidos, aquel decreto anterior que pariu o Psoe-BNG seguindo o Plan Xeral do PP tiña un obxectivo: garantir a competencia tamén en galego xa que o castelán é dominado por todos os rapaces. Isto quere dicir formar mellor o alumnado, mentres que vós queredes separalos por linguas e facelos ignorantes en lingua galega posto que desprezades os galegofalantes, a singularidade lingüística deste país e actuades movidos polo extremismo político. Non hai máis cera que a que arde.

1 Galegus

¿Extremismo político? Claro, claro, ti, liberado da CIG-A Mesa, és un tipo moderado, guai e que non chucha subvencións, a-ha,a-ha, a-ha. Vai rañala

2 Sonia

Totalmente, en todos os comentarios que pos/poñedes só hai espazo para o toque denigrante, para o odio, para a falacia. Nunca tentades analizar as novas que se relacionan coa lingua galega neste medio, sempre o insulto, a banalidade e a provocación. Outras, ás que parece que xa nos dás carnet de sindicato e todo, tentamos poñer o contrapunto pero non hai nin unha resposta sosegada, sempre o mesmo veleno.

3 Gallego

Sonia, no cuentes trolas, que a ti no te no te tiraron botellas y piedras por manifestarte pacíficamente a favor de la libertad en Santiago. Ni te pintaron el coche, ni te pusieron tu nombre en una diana, ni te tapiaron el despacho, ni te amenazaron de muerte. A nosotros sí. Eres una loba con piel de cordero. Asociar el gallego a la violencia, el fanatismo, la imposición, la estrella roja y el trinque de subvenciones fue lo peor que le pudo pasar a dicho idioma. Por eso cada vez lo habla menos gente.

4 teutonio

O castelán asociouse por 40 anos ao fascismo, a represión, o asesinato dos sectores máis progresistas, a humillación de quen non o falaba, e ven que gañou e gaña falantes. Tedes uns argumentos que meten medo, non vedes a imposición do castelán e falades de liberdade como se os falantes de galego puidesen empregalo sen problemas en calquera contexto sen medos a sufrir prexuízos novos e vellos (radicais, pailáns, extravagantes...) . O único que buscades é perpetuar o statu quo, defender o voso supremacismo intolerante e limitar as linguas a meras ferramentas con valor no mercado, cousa que pra calquera lingüísta é absurdo. E dubido que che pasasen a ti en persoa esas cousas, pola contra a centos de miles de galegofalantes nos piden unha xustificación pra falar a lingua no noso país, aturamos desfachateces, marcas negativas, situacións esquizofrénicas ou a imposibilidade de facer boa parte das nosas vidas na nosa lingua como en calquera país normal.

5 Galegus

Teutonio das pena. El franquismo fue muy popular en Galicia, te guste o no. Los mayores estaban encantados con Fraga, y la mayoría de ellos hablaban gallego de forma natural. Aquí lo lógico sería actuar como en cualquier país europeo civilizado donde hay rotulación bilingüe en todas partes, libertad de elección de la lengua para los padres, la administración se adapta en el uso del idioma a lo que escoge el ciudadano. Y no se aprovecha la lengua para que unos cuantos se forren.

5 Ramón Otero

El problema lo generó un decreto que establecía que la lengua materna la determinaba el claustro en función de la zona en que se ubicaba el centro, además de lo que figurase en el mapa sociolingüístico de Galicia. En la práctica, en casi todos los centros de Galicia, el único idioma vehicular en un porcentaje cercano al 100% era el jallejo

1 Nexus 6

Eso que dices es sólo una muestra de algunos de los disparates que contenía dicho decreto. En la práctica se trataba de una inmersión encubierta, ya que fijaba el mínimo de horas en gallego, pero no el máximo. Podría darse la paradoja de que si un alumno se escolarizaba en un centro situado en un entorno rural o una pequeña villa, tendría al gallego como lengua materna (según claustro y mapa sociolingüístico) y si ese mismo alumno se escolarizaba en una zona urbana, su lengua materna sería el español. La realidad del alumno y su familia en cuanto a su lengua propia, no tendría relevancia alguna

4 anonimo

ja es justo al revés, el PP se subió al carro de Galicia Bilingüe porque vio votos, que siga haciendo tesis para consumo nacionata, porque no se entera.

1 Marta Gómez Ocampo

Perdoa pero de consumo nacionalista nada. Cando remate a tese verás q todos teñen culpa neste problema. Un respecto

3 Gallego

Sonia, de pallas saberás ti moito, pero ata o lacazán do Anxo falaba da imposición do himno nas galescolas, e non é La Razón: http://www.lavozdegalicia.es/galici... O do Fraga xa se mencionou. Tinta de calamar para distraer do clientelismo político e os negocios de Baltar, Cuiña, Pablo Crespo, Cacharo, Louzán, etc. que impodrían o xaponés se fose necesario para seguir trincando. Por outra banda estoy seguro de que ti tamén saberás moito de subvenciones. Hasta todavía hoy se cobran 150 € por cada Trabajo fin de Máster en gallego, sin olvidadr de que los profesores naZionatas te ponen más nota por ello.

1 teutonio

Repites o do traballo fin de mestrado sen ter nin idea, imaxinaste que os miles de estudantes de mestrado fixesen o TFM en galego?, o gasto en normalización seria dos máis grandes no orzamento das universidades. Outro dos mitos e medias verdades dos "bilingües". Existen premios aos mellores traballos realizados en galego so por parte da USC, en total deben destinar a isto ao redor de 4000€, o que está bastante lonxe do "150€ por cada Trabajo fin de Máster en gallego". Valeuche ou seguirás a mentir pra emporcar mostrando a túa idiotez e mala fe? Por certo, foi Fraga quen introduxo no curriculum obrigatorio o estudo dos símbolos galegos como o hino... e os contidos estudados nas galescolas eran decididos na consellería de educación, liderada polo PSdG aínda que as galescolas e asuntos sociais eran competencia de Vicepresidencia de Quintana.

2 Gallego

Teutonio: demostras ser un iñorante, ferido e escuro. Aquí tes a resolución da Uvigo de "axudas" para a elaboración dos traballos de investigación en lingua galega: http://anl.uvigo.es/opencms/export/... De 100 a 600 €. Vaiche a insultar ao teu pai que seguro que ten a súa responsabilidade na túa ignorancia

3 teutonio

Cagoendiola, tes razón, ben pailaroco son por non pedir esa axuda e facelo en inglés pra subir nota!! (tiña profesores nazionalistas británicos ;), entón iso tamén se da na USC e na UdC?, xa que segundo ti parece que sucede nas tres universidades.