A cultura segue sendo un valor de futuro

O Concello de Lugo recibe unha importante doación particular de 5.000 libros e un milleiro de documentais e filmes de ficción.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/10/2016 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O Concello de Lugo vén de recibir unha importante doación particular de 5.000 libros e un milleiro de documentais. Trátase da propia biblioteca do lugués Francisco Álvarez Patiño, composta por libros de literatura universal e doutras diversas materias xerais, unha parte dos cales son de interese galego específico, e un milleiro de documentais e filmes de ficción en soporte dixital. 

Lara Méndez e Darío Xohán Cabana con Francisco Álvarez, que doou 5.000 libros e un milleiro de filmes ao Concello de Lugo
Lara Méndez e Darío Xohán Cabana con Francisco Álvarez, que doou 5.000 libros e un milleiro de filmes ao Concello de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiron este luns a Álvarez Patiño, quen asinou no Libro de Ouro do Concello, en presenza do coordinador de publicacións do Concello, Darío Xohán Cabana. A rexedora agradeceulle “esta xenerosa doazón, que tan fermoso agasallo lle fai ao pobo de Lugo”, da que unha parte xa está nas instalacións municipais, en concreto no Museo Interactivo da Historia de Lugo, en espera de incorporarse á nova biblioteca municipal, situada na Piringalla. 

No caso de que este destino non fose posible nun tempo prudencial, o conxunto dos fondos bibliográficos e cinematográficos será traspasado sen dividir a outra biblioteca pública de Lugo, cidade na que naceu Francisco Álvarez, “desexando que sexa posta á disposición do público na súa integridade”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta