SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2016 | Actualizada ás 14:25 por EUROPA PRESS
Un grupo de novos de Galiza Nova protagonizou un acto simbólico e reivindicativo en Santiago de Compostela para reclamar a "soberanía nacional" galega en contraposición ás celebración da Hispanidad en todo o Estado.
"Non hai nada que celebrar e si moito polo que loitar", exclamaron, mentres estendían unha bandeira galega de grandes dimensións nas escaleiras da Praza de Praterías compostelana.
"O Estado español condena a Galicia á dependencia e a miseria e empéñase en anular con todos o seu medios a nosa identidade nacional", denunciaba Alberte Mera, secretario xeral da formación xuvenil, criticando "un sistema totalmente corrompido no que a Constitución é o amparo legal das accións máis socialmente inxustas".
Mera arremeteu contra "as políticas do capital levadas a cabo polos gobernos español e galego" que se centran "unicamente no beneficio das grandes multinacionais e no empobrecemento xeneralizado do pobo".
Así mesmo, denunciou que esta situación está a levar moitos mozos "a emigrar e labrarse un futuro lonxe da súa terra", deixándoa "baleira" e condenándoa ao "envellecemento poboacional".
"A autoorganización do pobo galego, sen dependencias nin tutelas, é o único camiño para a emancipación nacional", insistiu, para reiterar que non é tempo de celebración senón de denuncias.
Por iso, Galiza Nova iniciará unha campaña en defensa dun emprego digno "ante as políticas neoliberales e nefastas" dos gobernos do Partido Popular, levando a un 55 por cento de desemprego xuvenil ou "aos traballos máis precarios".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.