Os exoplanetas incorpóranse ao Dicionario da Real Academia Galega

A RAG incluirá unha entrada sobre estes corpos celestes que se atopan fóra do sistema solar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/10/2016 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A próxima edición do Dicionario da Real Academia Galega (RAG) incluirá como nova entrada o termo «exoplaneta», que terá como definición algo parecido a “corpo celeste similar a un planeta, que orbita arredor dunha estrela fóra do sistema solar” ou outra equivalente. Así o anuncia a propia RAG a través do Portal das Palabras.

Representación dun exoplaneta semellante á Terra
Representación dun exoplaneta semellante á Terra | Fonte: NASA.

O motivo desta nova incorporación é o uso xa recorrente no ámbito científico e nos medios de comunicación deste termo e, "dado que non resulta problemático nin a nivel morfolóxico nin tampouco semántico, é previsible que se asente definitivamente no léxico da especialidade", explica a RAG.

Segundo os cálculos máis recentes, polo de agora foron identificados 3.532 exoplanetas, desde que en 1995 se producise a primeira confirmación oficial, a de 51 Pegasi b.

MORFOLOXÍA

O novo termo orixínase da prefixación de exo-, que significa ‘exterior’, á palabra planeta, que procedería dun adxectivo que os gregos da antigüidade empregaban co significado de ‘errante' ou 'vagabundo’ (debido a que se movían polo ceo nocturno, en contraste coas estrelas, que eran fixas), derivado do verbo planáo, planaszai, que significa ‘desviarse do camiño certo', 'extraviarse’; engádese o sufixo  –(e)ta, que se utiliza para formar nomes denotando estados e que aparece noutros helenismos como poeta, profeta, cometa ou en iconoclasta e baptista. A RAG sinala, porén, que a Unión Astronómica Internacional define os planetas só respecto ao Sol, polo que ironicamente un exoplaneta non é un planeta no seu sentido técnico.

UN EXOPLANETA SIMILAR Á TERRA

A RAG lembra como exemplo máis salientable o último gran achádego que apareceu recentemente nos medios de comunicación, o do denominado KOI-4878.01, un exoplaneta cunha masa e un raio análogos aos da Terra, e outras características (temperatura, densidade, gravidade) que fan que o seu IST (Índice de Similitude coa Terra) sexa do 98%.

A súa localización está fóra do sistema solar, a máis de mil anos luz de distancia, orbitando unha estrela anana amarela, da que mantén a separación suficiente como para que fose posible a presenza de auga líquida na súa superficie, unha condición necesaria para que se tratase dun lugar habitable potencialmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 voyager

a maioria dos exoplanetas descubertos son inhabitables, incluso ter auga liquida non garantizaría a existencia de vida terrestre, e necesario un-ha capa de ozono e mais osixeno e incluso osixeno para formar xelatina nas unios celulares... e planeta en cuestión esta moi lonxano, a estrela mais cercana, próxima centauri esta a 4 anos luz (son 3 estrelas 2 como o sol e una enana vermella) e para chegar a ela coa nave espacial mais rápida e aproveitando o impulso gravitatorio de planetas, tardaría 70 mil anos en chegar... - o único xeito rápido seria mandar un-ha sonda pequeña, non un-ha nave espacial estamos falando dunha sonda de tamaño dun archivador e impulsalo a velocidades de centésimas partes da velocidade da luz... estaríamos falando entonces de viaxes de 50 -100 anos-

1 eu star trek

Ollo de corpo celeste "similar a un planeta" pode ser bastante confuso e inexacto, xa que Plutón e os demais corpos que se atopan no kuiperbelt non son planetas, algún deles mais grande que o propio Plutón, para ter calificación de tal deben xuntar vairas características claves, con mais de 800 qms o corpo e esférico, orbitar a estrela, o incluso conxunto estelar, o case mellor dito centro de masas común e desde logo limpar tamen a orbita de outros corpos celestes (Plutón non cumpre esta ultima característica)! NON A VIEIRISMO NO RAG, POR UNHA ACADEMIA RAG NACIONALISTA SIN COMUNISTAS EXPAÑOIS, SIN EXPAÑOIS DE NINGUN TIPO!!! ollade que meteron a muita parantela enchufeteada!!!