Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 15/10/2016
Variadas investigacións xudiciais confirman sen ningún xénero de dúbida a existencia da caixa B do Partido Popular, como tamén evidencian que desde 1990 esta organización utilizou en beneficio propio diversas fontes de financiamento alleas ao circuíto económico legal, conseguindo na maioría dos casos tal finalidade mediante contratos adxudicados ilegalmente por Administracións Públicas rexidas por xente adscrita ás súas filas e cuxa constatación delata o seu nulo respecto polas regras democráticas, o que fai cuestionar a lexitimidade institucional dos seus representantes, e por tanto, a absoluta ausencia de integridade dos membros que desempeñan papel de liderado na súa cúpula dirixente.
Tal circunstancia indica que lonxe de atoparnos ante un escenario de carácter conxuntural, o fenómeno da corrupción é un todo estrutural que vai moito mais alá dunha anómala relación entre o diñeiro e a política.
Tendo de asumirse para o efecto que estamos ante unha auténtica trama de tipo mafioso, que utilizando os seus resortes de sedución mediática e o seu dominio da economía tentan facer crer que gobernan para todos, cando o certo da situación é completamente oposto, como vén demostrar o feito de consolidar un sistema de privilexios onde unha minoría socioeconómica e a súa órbita de subordinados políticos dominan o aparello do Estado.
Verdadeira máquina corruptora disposta ademais a impedir de calquera xeito que se satisfagan as demandas democráticas da cidadanía, e por tanto, pechada en banda a aceptar e asumir toda decisión de fondo plebiscitario.
Unha situación de anormalidade onde a corrupción converteuse no seu modus vivendi como así apuntan ante os tribunais, as probas, careos e declaracións dos procesados na trama Gürtel e demais competidores noutros procesos de similar escándalo, que veñen referendar que o actual partido do Goberno utilizou o poder do Estado non só para saquear os bens do común e facer ricos aos seus dirixentes, senón tamén para sufragar o importe das súas campañas políticas con cargo ao peto de toda a cidadanía.
Aspectos no seu conxunto contrarios á ética e a legalidade, as súas prácticas de latrocinio e espolio xeneralizado que creban a súa lexitimidade de representación, ao crear unha controvertida situación que lonxe de propiciar o relanzamento da súa candidatura á formación dun novo Executivo desautoriza tal pretensión, esixindo na súa falta a apertura dunha nova etapa onde a expurgación de responsabilidades ademais do obrigado acompañamento de dimisións, en defensa da necesaria rexeneración democrática, traia consigo a propia disolución legal do Partido Popular como organización política.
Arrogar a condición de representante maioritario da vontade popular cando se imbra a corrupción, é unha astucia coa que se tenta revestir de legalidade a fraude que representa branquear mordidas procedentes de turbias prácticas coa intención de distorsionar os procesos electorais.
Por iso é polo que os resultados de tan anómala operativa non deban ter alcance distinto ao da súa verdadeira finalidade, que non é outra, que manipular as regras do xogo democrático en vantaxe de rendemento electoral, o que fai cuestionar nese aspecto a autoproclamada xerarquía da formación conservadora e a súa total falta de lexitimidade para atribuírse primacía algunha na conformación de goberno.
Neste tempo que a xustiza esta monopolizada nas súas funcións por un entrelazado de procesos de corrupción , a urxencia debe pivotar ao redor da erradicación das prácticas de suborno que caracterizan a dinámica deste goberno depredador, aproveitando a tal fin o furor que xera a actualidade xudicial de escándalo, para desde o proselitismo impartir docencia política que xere unha reacción colectiva cara a un cambio de tendencia e arraigue nos electores a necesidade de afastar a pantasma doutros catro anos de involución do Partido Popular.
Unha iniciativa de curto percorrido e abocada ao fracaso se non é afrontada de forma colectiva polos membros das forzas progresistas; e de imposible viabilidade se por parte dos membros da Xestora do PSOE desisten de facer fronte ao inimigo. e no canto de afrontar este reto rexenerador decántanse pola complicidade dunha abstención de investidura, pois con tal determinación de renuncia estarían a manifestar a súa preferencia por un goberno da Gürtel ante outro alternativo ou a unhas terceiras eleccións, e con iso, perpetuando as malas prácticas e a continuidade do PP que desde a institucionalidade neoliberal non fixo mais que afundirnos na miseria e prodigar as prácticas de corrupción.
<font data-blogger-escaped-style="font-family: " arial"="" ,="" "helvetica"="" sans-serif;="" font-size:="" xx-small;"="" face="" sans-serif"="" size="1">
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.