Feijóo contra as "manifestacións preventivas"

O presidente da Xunta respondeu á protesta de 'Queremos Galego' criticando a presencia do ministro de Xustiza e calificandoa, ao igual que a primeira, de "manifestación preventiva" porque, segundo el, aínda non se derogou o decreto do galego. "Habrá gallego, castellano y un cierto equilibrio entre las dos lenguas, teniendo en cuenta la opinión de los padres", apuntou. "Respeto a la gente que fue a la manifestación pero también respeto a la manifestación silenciosa de marzo en la que se presentaron todos los gallegos y la manifestación silenciosa de los padres que participaron en la encuesta del gallego y que se manifestaron mayoritariamente a favor del nuevo modelo". E aproveitou para cargar contra o PSOE por utilizar ao Goberno central como ariete contra a Xunta para retomar o poder. "Pero esto va para largo. Aún quedan tres años y medio", aclarou. Podes ver as súas declaracións aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/10/2009 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

4 anónimo

...e moitas máis movilizacións terá que aguantar o noso presidente, esto non fixo máis que empezar. Foi el quen abriu a súa caixa de Pandora mediante a campaña máis suxa que se recorda, rompendo os consensos e desfacendo os avances que impulsara o seu propio partido con respecto ao galego.
De momento creou ilusión, gañas de traballar e de movilizarse pola causa do noso malpocado idioma. Pronte terá que enfrentarse á contestación no seu propio partido. Despois pode ir queixarse a Intereconomia ( que xa é caír baixo)

3 observador

Hay algo que se me escapa. He oído que no se va a exigir prueba de gallego a los que vengan con aspiraciones de optar a una plaza en la admnistración pública gallega. Pero estamos de coña o qué. Un funcionario publico, sea médico o esté detrás de una ventanilla ó calentando una silla en una oficina, tiene la obligación de entender a todo gallego que se dirija a el en su lengua gallega, bien porque siempre usa su idioma ó como en mi caso, porque fago uso dese dereito cando se sae dos collóns. Faltaría máis. E a quen lle entre complexo de proteccionismo por esixir galego nas oposicións direille que busque nos medios de comunicación de Canarias a alguén que non teña acento guanche. Retoo a facelo a ver se o atopa. Saúde e moitas primaveras máis á nosa língua que diría o gran Cunqueiro.

2 Brais

Feijóo non se guía tanto por Madrí como vos gustaría a vós.

1 ana

A estratexia de Feijoo e poñerlle a puntilla ao galego. En Madrid non fai falla para nada e se Rajoy ten sido o referente do PP galego durante todos estos anos por que non facerlle o servizo de proscribir ao galego da vida pública. E ahí están case que todos os conselleiros e directores pasando de todo. Veñen ao que veñen e cada vez está máis claro