Feijóo contra as "manifestacións preventivas"

O presidente da Xunta respondeu á protesta de 'Queremos Galego' criticando a presencia do ministro de Xustiza e calificandoa, ao igual que a primeira, de "manifestación preventiva" porque, segundo el, aínda non se derogou o decreto do galego. "Habrá gallego, castellano y un cierto equilibrio entre las dos lenguas, teniendo en cuenta la opinión de los padres", apuntou. "Respeto a la gente que fue a la manifestación pero también respeto a la manifestación silenciosa de marzo en la que se presentaron todos los gallegos y la manifestación silenciosa de los padres que participaron en la encuesta del gallego y que se manifestaron mayoritariamente a favor del nuevo modelo". E aproveitou para cargar contra o PSOE por utilizar ao Goberno central como ariete contra a Xunta para retomar o poder. "Pero esto va para largo. Aún quedan tres años y medio", aclarou. Podes ver as súas declaracións aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/10/2009 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

19 anonimus

Quen o diria fai un ano cando little bull estaba presidindo a Xunta co favor do consorte Quin que estarian onde están jaja.
E un gozo ver aos do psdg desesperados e a liortas entre eles

18 anónimo

Ahí estóu dacordo, si non volta Beiras terán que inventar a alguén, porque co que hai agora mesmo, o Bng vai seguer a baixar. E no Psoe estóu convencido de que tendo a metade do traballo feito, coma teñen (entre o apoio de Madrid e a inoperancia de Feijoo), a pouco que espabilen e presenten unha boa plantilla (ahí está o difícil), poden deixar ao PP fora en tres anos. Ao tempo

17 Clariño

Di anónimo:

"É imprescindible que o PSOE non caia nas arteiras armadillas que lle están tendendo, nomeadamente co topónimo da Coruña. A dirección debería marcar ben o seu territorio e pechar ese conflicto para sempre.Debe definir se lle interesa seguir contando co coruñesismo máis rancio e un localismo absurdo que os leve a deixar de ser un referente para o resto da comunidade".

E digo eu ¿non será mellor dinamitar a Cruña? ¿Como vai gañar o BNG algunha vez na Cruña se nunca nos poideron ver? E esta opinión paréceme o exemplo típico dos que falan de autoodio e son un dime de que presumes.

Precisamente por formar un goberno bipartito co BNG na Cruña, o PSOE non para de caer, que din fontes socialistas que andan polos 6-9 concelleiros nas enquisas (agora teñen 11); que o BNG anda polos 2-3 (agora teñen 6); e que o PP, sube dos 10 que teñen até a maioría absoluta por culpa deses malvados, noxentos, escuros, feridos e escuros antigalegos, que ademais son estúpidos (Guillerme Vázquez dixit).

Eu suxiro ao BNG que vaia tamén ao canle insultos do irc-hispano a ventilar emocións. Se alguén pensa que se pode construir Galicia prescindindo da opinión maioritaria dos veciños da Cruña e Vigo, para min que non pensa ben. E tamén lles aconsello que busquen xente de maior talla, polo menos intelectual para que deixen de ventilar emocións e poñan o que está na testa a funcionar para aquelo que foi deseñado.

E a saída do PSOE a nivel autonómico, como a ninguén se lle escapa, non está no BNG, está no masón XDDD Caamaño, un tío listo, con fama de traballador e cunha talla tanto intelectual como política que dubido a teña alguén hoxe na política galega. Desde logo, non a ten ninguén no BNG, como non fora Beiras, que está xubilado.

16 anónimo

15 anónimo

Menudo goberno, poda ben chamarse OUTLET FEIJOO, porque non lle aceptaron os primeiros espadas, e outros aos que xa lle cantaba a conselleria no papo tiveron que largarse por chanchullos varios.
Nada amijiño, ti segue gobernando(?) a golpe de enquisa da Voz.

OUTLET FEIJOO, PECHADO POR DERRIBO.