O cinema en galego, invisible no circuíto comercial pola falla de protección

O Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela alerta de que "non existen políticas efectivas que poñan en valor o cinema realizado en galego". Ademais, atopan semellanzas co cinema brasileiro, que tamén ten "dificuldades para chegar ás salas comerciais", pero "consegue moverse por festivais internacionais e obter premios que demonstram o valor cultural deses filmes".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/10/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O cinema en galego segue sendo practicamente invisible no circuíto comercial. É a alerta que lanzan Silvia Roca Baamonde, Marta Pérez Pereiro e Ana Isabel Rodríguez Vázquez, do Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nun estudo publicado na revista CIC - Cuadernos de Información y Comunicación, estas autoras avisan de que as políticas públicas non garanten a visibilidade das producións cinematográficas galegas, que sofren unha situación de desprotección.

Imaxe promocional do filme galego Vilamor, de Ignacio Vilar.
Imaxe promocional do filme galego Vilamor, de Ignacio Vilar.

Malia o recoñecemento expreso do audiovisual como sector estratéxico por parte do Goberno autonómico, na Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia, "constátase que non existen políticas efectivas que poñan en valor o cinema realizado en galego", afirman as autoras do estudo 'Cines nacionales y lenguas no hegemónicas. La invisibilidad del gallego frente a las políticas de diversidad cultural'.

A partir da análise das políticas públicas autonómicas galegas, as integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC avisan da "carencia dunha estratexia institucional efectiva para o fomento da distribución e exhibición da cinematografía galega, algo que afecta especialmente os filmes producidos e distribuídos en versión orixinal galega dentro e fóra de Galicia".

Así, as medidas desenvolvidas polo Goberno español en cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias "descoidan a promoción do audiovisual como instrumento de diversidade cultural e relégano a un lugar secundario dentro das accións encamiñadas ao fomento e protección das linguas minoritarias peninsulares", denuncian dende o Grupo de Estudos Audiovisuais.

Deste xeito, aos obstáculos que xa impoñen os fluxos comerciais propios da globalización á distribución de filmes, súmase a falta de "protección especial que require unha produción en lingua minorizada" como a galega, explican neste estudo sobre a presenza —"ou, para ser máis exactos, a ausencia", din— da versión orixinal galega nas longametraxes cinematográficas estreadas entre 2008 e 2012. 

Longametraxes galegas por orde de resultados en taquilla
Longametraxes galegas por orde de resultados en taquilla | Fonte: Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.

Un dos problemas que identifican na súa análise é a "indefinición" do concepto «audiovisual galego» na Lei 6/1999, que se observa, por exemplo, nos informes bianuais que España emite para xustificar as actividades dedicadas á protección das linguas minoritarias. "Nestes documentos, a definición do «sector audiovisual» responde a unha perspectiva economicista e non cultural", sinalan.

Neste ámbito obsérvase, ademais, "un desequilibrio entre as medidas adoptadas para a televisión, para a que se financia sobre todo a dobraxe, e para o cinema, que, a pesar das boas intencións expresadas nas distintas normativas vixentes, non é receptor de medidas concretas", apuntan no estudo.

As autoras tamén establecen unha correlación entre a dimensión económica do proxecto audiovisual e a elección da lingua, de forma que "o español se relaciona coas producións de maior orzamento, mentres que o galego se asocia aos filmes de orzamento máis reducido".

Para as investigadoras da USC, "non resulta sorprendente" que a produción cinematográfica en Galicia presente unha "clara hexemonía da lingua castelá na versión orixinal dos filmes, especialmente acusada nas películas de ficción", indican. Pola contra, a non ficción presenta "maiores porcentaxes de banda sonora en galego, algo que pode atribuírse ao maior compromiso que xéneros como o documental presentan coa realidade social", engaden as investigadoras.

Con todo, sinalan que as producións galegas "demostraron nos últimos anos unha enorme visibilidade e éxito nos circuítos cinematográficos alternativos". Sen embargo, "este cinema máis pequeno atopa maiores dificultades para acceder aos circuítos convencionais e ao gran público". 

"Os problemas de distribución das películas en versión orixinal galega nas salas comerciais requiren un maior compromiso das institucións públicas coa exhibición e visibilización do cinema en galego, así como a procura de novas vías para conseguir que estas películas poidan chegar a unha audiencia que, para comezar, debería saber da súa existencia", conclúen na súa análise, na que se destaca a transcendencia das cinematografías nacionais en linguas non hexemónicas na consecución dunha cultura europea diversa. 

SEMELLANZAS CO CINEMA BRASILEIRO

Silvia Roca Baamonde e Marta Pérez Pereiro asinan, canda Karine Ruy, da Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, outro artigo publicado recentemente na Revista Epitic no que comparan a realidade do cinema galego co de Brasil.

Malia recoñcer que están "localizados en contextos distintos, con dimensións económicas distantes", afirman que "o cinema brasileiro de baixo orzamento e o cinema galego comparten diversas características e, sobre todo, desafíos", xa que "producen filmes que existen nunha esfera de limitación de recursos e, case sempre, na dependencia de programas estatais de subsidio para o sector".

Ao mesmo tempo, tanto a produción brasileira como a galega presetan "asimetrías internas". "O espazo historicamente masivo do filme estranxeiro oriúndo dun modelo hexemónico –tanto en termos económicos como de escollas temáticas e estéticas— xa non constitúe o único elemento de disputa nos mercados audiovisuais. A relación centro-marxe pasa a existir tamén no interior das cinematografias nacionais contemporáneas, co desenvolvemento dun certo modelo hexemônico local que abarca a produción de filmes con maior potencial de conquistar espazo nas xanelas de distribución e tamén de atraer o interesse do público no circuíto exhibidor", argúen estas autoras.

Na súa análise, salientan que os cinemas de baixo orzamento brasileiro e galego, que se asocian a "movementos bautizados como novos ou novísimos", atopan "sérias dificuldades para chegar ás salas comerciais", pero "conseguen moverse por festivais internacionais e obter premios que demonstram o valor cultural deses filmes".

Versión orixinal de longametraxes estreadas no período 2008-2012
Versión orixinal de longametraxes estreadas no período 2008-2012 | Fonte: Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

9 nostrus

Estamos en tempos de crise e é mellor adicar a sanidade os cartos que irian destinados so a que catro lambons os chapen sin que por elo se promocione o cinema en galego porque a xente non vai ir mais a ver as peliculas. Como moito almacenaranas nun baixo e dentro de nonsesabe cuanto apareceran como unha reliquea do pasado. Eu falo galego e non preciso que ninguen mo promocione.

8 Vigués

Os burricancios bífidos estes son tan cortiños na súa xenreira contra os galegofalantes e a imaxe do idioma galego que non entenden que, como lingua minorizada, ao cine (en) galego pásalle aínda máis factura que a problemática que se denuncia en Francia, España ou Alemaña para levaren as súas películas ás salas. Trátase dunha industria, tan subvencionable coma outras que os bífidos toleran, que non poden contrarrestar o podería da industria e, sobre todo, das distribuidoras norteamericanas, que teñen o monopolio. É así como temos que aturar que as carteleiras estean cheas de bodrios con algunha excepción. Nese esceneario, o cinema dunha lingua minorizada, aínda o ten peor. Pero non esquezamos que hai miles de persoas que traballan nos ector cultural en Galica, máis que nos asteleiros. E non esquezamos que estes trolls bífidos admiran aquel Aznar que bufaba contra a chamada excepción cultural francesa.

1 Vigués

Ah, e non esquezamos, que igual que Aznar, logo emociónanse con desfiles aéreos, vendo surcar fragatas nas rías e unha chea de rapazotes medio analfabetos pola Castellana o 12 de outubro. Para iso si hai cartos, esa excepción (subvencionar o que non produce nada) si que lles gusta. Igual que subvencionar grupos españois que cantan en español, como aquela patocahada ben cara de "Música con Ñ". Ou levar a Reverte a dar conferencias por medio mundo cos cartos de todos. Ala, ide esta fin de semana a lamber unhas amanitas phaloides polo monte, que xa hai ben delas.

2 Bufffff

Hala, hala, hala, repito, hala. Hay que hacer mejor el a-norante galegueiro, que aljunas faltas de ortojrafía te son moy e-bidentes. Daquella, se cabe, taluego.

4 nostrus

Borricans e cortiños sodes vos os nacionáticos que precisades renegar de algo para sentirvos galegos, ao mellor porque sodes galegos incompletos e precisades promocion. Tamen sodes vos os bifidos pola vosa mala fe ao querer uniformar aos galegos como si fosen membros da fauna e non tiveran capacidade de decidir por eles. Os que estamos a favor da liberdade individual consideradesvos nosos inimigos.

5 Lalinense

Vigués: se nota bien que no saliste de casa en tu vida. En Francia no hay más vehicular que el francés, y en regiones como Bretaña hay como mucho rotulación en bretón y francés. No como aquí. La excepción cultural francesa era para defender el cine en francés, no en las lenguas regionales; es decir, como si aquí se defienden las ayudas al cine en español.

6 Vigués

Claro, Lalinense, vese que non pillaches o argumento. As dificultades que pasan as industrias cinematográficas europeas teñen unhas razóns ben claras que van máis alá da calidade dos seus produtos, teñen que ver co monopolio norteamericano e as condicións que impoñen as distribuidoras. No caso do cinema feito nunha lingua minorizada, as dificultades son maiores debido á invisibilidade case total das películas por mor do idioma utilizado. O que viña dicindo é que se o cine español ou francés apelan a esa excepcionalidade ante o big brother norteamericano, insaciable, canto máis aínda para un cine como o que se fai en galego ou en catalán. Vexo que sen saír da túa casa podes ler e formarte máis, home, que non che deu o que tes para chegar ao argumento.

7 Vigués

Lalinense, o apuntamento sobre a realidade sociolingüística francesa é inútil no que falamos, aínda que xa sei que seguramente che encanta o centralismo uniformizador de Francia, onde os cidadáns non son iguais ante a lei, polo menos en canto aos seus dereitos sociolingüísticos.

7 Tiago

¿Falta de protección? Xa nos queren botar man á carteira. Quen ten que poñer pasta son Lobeira, Villares, Pontona, Pablo Igresias, os alcaldes das Mareas, Yoli a amiga dos que trafican con pornografía infantil, a Sestaya e demais esquerdistas con soldos públicos de 4.500-5.000 euros netos. Aínda o problema é que ese cinema en galego non o ven nin eles como se pode ver nas cifras de recadación

6 Bufffff

Pódenselle dar as voltas que se queiran pero non hai cine galego porque a xente non o quere, contra os desexos dos sinvergonzas que pretenden vivir da subvención. Vou ao cine todos os findes. O último que vin en galego foi A esmorga, un auténtico bodrio.

1 Vigués

Ola, Elentir, que tal estás?

5 Souto

Poderiase facer un film do apartheid lingüístico que hai entre os votantes do PP mailo do PSOE da cidade e os do campo. Pero para velo só uns poucos que entenden. É o de sempre. Que veriamos o film uns poucos miles de galegos "entendidos". E os demais, é dicer, a inmensa maioría, non saberían nin que existira. Aparte disto, nunha sociedade tan fragmentada e desilusionada, non sei onde encaixaría o film. É dicer, que se viran representados todos ou a meirande parte dos galegos. Conhezo a directores que non saben nin que o galego existe. E si o intúen, non se queren complicar a vida. Mirando para fora están máis felices. Aínda que non madurarán na vida, como moitos. E iso que son xente que se cre "intelixente e sensíbel". Así que non sei que dicer

1 Souto

Vin unha película dobrada ao galego hai pouco. Daba vergonha alhea escoitala. Era gastrapo do máis ruín que ouvín. Entre outras moitas, chamábanlhe á xanela ou si prefires fiestra, "ventá". E así con todo. En moito tempo non penso ver ningunha película dobrada. Prefería tela non visto. Estaría máis feliz. Aínda que suponho sería moito máis inxenuo.

2 Souto

E a SERIO dicerlhe que leva toda a razón. Moitos tenhen que pensar no que din. Porque traslucen, moitos, sin decatarse, que son infinitamente clasistas. Tenho moitos exemplos de esquerdistas que logo son máis clasistas que ninguén. Moi ben SERIO. Vexo que hai xente que paga a pena.

3 xos

Supoño que estarás en contra de calquera tipo de dobraxe, iso sería o lóxico.

4 nostrus

Pois eu non concordo con Serio e concordo mais con Fartodalingua. Debe promocionarse que se faga deporte, que non se fume ou que se use o transporte publico, pero non debe promocionarse que se fale galego, que se vaia a misa ou que se sexa do Celta. Cada un que lle reza ao que queira, unhos rezanlle a Deus, outros ao sol, outros ao Barça e outros ao galego, todos con lexitimidade para facelo e para intentar convencer aos demais a que o fagan, pero as institucions deben manterse ao marxe e respetar a todos. Si descenden os que acuden a misa vexo ben que o clero trate de promocionala, pero non as institucions, por moi tradicional que sexa ir a misa. Estou tan a favor do galego tanto como da unidade de España, pero si os galegos queren que o galego se perda e os españoles queren esnaquizar España non serei eu que trate de evitalo a toda costa e ademais de nada valeria. Sintoo moito polos ultragaleguizados.

5 nostrus

¡Ojo!, no veo mal que se promocione la cultura si es desde la libertad del individuo, pero no desde un afan evangelizador y mucho menos aun si es con una finalidad de convertir a la cultura como un peaje para alcanzar la galleguidad o la españolidad, habida cuenta de que los mismod DDHH consideran la cultura como una practica voluntaria.

6 Serio

Non me gusta respostar a nostrus porque creo que os seus comentarios non aportan nada pero entro neste fío para dicirche que gastaches quince liñas en dicir nada. Aínda que o galego fose só útil "de Pedrafita para allá" (vese no uso dese clixé rancio que non vos importan nin o castelán nin o galego) as creación artísticas e literarias en galego teñen dereito a recibiren esas subvencións autonómicas porque é unha obriga legal, recollida no estatuto, a protección do patrimonio cultural e material galego. Por certo, se cdra si que se promociona desde o público a nova cidade deportiva do Celta, ou lembremos a relación Deputación-Dépor. As chantaxes dos propietarios que retorcen leis (celulosas, lei de montes) e absorben unha cantidades inxente de cartos públicos non vos importan nada, seica. Só ir de matóns.

7 Bufffff

Hai unha Lei que obriga a fomentar e protexer a Tauromaquia, pero Ferreiro pasaa polo forro, e Villares dixo de xeito explícito que non van dubvrncionar os touros.

8 nostrus

Buffff, non lle digas eso aos fanatizados da cultura porque só se fanatizan coa cultura que lles gusta a eles. Serio, a ti no te gusta rebatirme porque te falta fuelle, asi que no busques excusas. Esta bien promocionar "que se puede hablar gallego", pero nunca se deberia subvencionar que se cambie de lengua y se puede destinar subvenciones a empresas privadas si con ello la sociedad sale ganando. Lo dicho, no me rebatas que quedas en evidencia.