“O galego segue sen ser unha lingua de prestixio... É un fracaso colectivo e unha mostra de estupidez enorme”

Martiño Suárez fala nesta entrevista da edición colectiva de 'Bestiario do vestiario', un proxecto cultural en galego que impulsa con Carlos Meixide. Tamén aborda a situación do idioma na literatura e nos medios de comunicación, logo da experiencia do que no seu día foi Dioivo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Martiño Suárez é o autor de 'Bestiario do vestiario', un conto de relatos que edita Carlos Meixide e que pretende ser un proxecto colectivo a través da plataforma verkami. Piden 2.500 euros para editar a obra, pagar os custes de envío e o seu deseño e maquetación. Polo momento xa levan case 1.700.

Martiño Suárez e Carlos Meixide, impulsores do proxecto 'Bestiario do vestiario'
Martiño Suárez e Carlos Meixide, impulsores do proxecto 'Bestiario do vestiario'

O libro é un compendio dos relatos que Martiño publicou naquel gran xornal dixital cultural que foi Dioivo. Falamos con el para coñecer máis sobre este novo proxecto cultural e da situación dos medios en galego e do galego.

Como xorde Bestiario do Vestiario?
As historias publicáronse orixinalmente entre 2012 e 2013 en Dioivo, un medio dixital de breve existencia que fundaron unha serie de xornalistas galegos ben atrevidos. O libro é unha maneira de recuperalas e, ao tempo, de homenaxear a un medio de comunicación de vida curta pero co que o pasamos moi ben. Trátase dunha serie de 'historias da historia' polas que pasan desde pioneiras do ciclismo a filósofos gregos fanáticos do atletismo, espías da RDA, nazis, Elvis, futbolistas caídos...

E porque ese curioso nome. Semella que xa é toda unha declaración de intencións?
O nome, que xa era o da sección do Dioivo, débollo a Carlos Meixide. A min non se me ocorren xogos de palabras tan bos. O que el quería era unha galería de deportistas desviados, de historias nas marxes do deporte, así que a idea casa ben cos bestiarios medievais.

Fútbol e ciclismo centran boa parte dos relatos do libro. Compaxinan ben coa literatura?
O deporte en xeral dá para moitas historias de épica, de ascenso e caída, e para moito humor, que é o que quixen manter nestas historias. Porque, no fondo, eu creo que a sociedade se toma o deporte con demasiada seriedade e eleva aos deportistas a cotas que non merecen. Así que prefiro esas historias na marxe, a dos primeiros arxelinos que correron o Tour, a do primeiro campión negro de ciclismo en pista, a do emperador bizantino que escapa polos pelos das 'barras bravas'...

E ti es máis dun bo partido ou etapa do Tour ou dun bo libro?
Por fortuna non hai que escoller, pero para min o Tour é sagrado (e o Giro, e as clásicas de primavera).

Carlos Meixide é o editor do libro, por que Carlos?
Como comentaba, Carlos era o responsable de deportes de Dioivo e foi o que me encargou a sección. Nos últimos anos autoeditou as súas novelas 'Ons' e 'Inge e Robbie', así que o de editar o meu era un paso bastante lóxico. Estoulle moi agradecido.

Como dis a experiencia ven de Dioivo, aquel gran xornal cultural que ao final non callou. Por que?
A verdade é que non coñezo moi ben a historia interior do Dioivo. Eu colaboraba coas miñas columnas e deume moita pena que o proxecto non saíse adiante, porque me parece necesario que haxa medios diferentes, libres e en galego, coma este (GC), por outra parte.

Que cres que fai falla para que un medio triunfe en galego?
Supoño que é unha cuestión moi difícil. Por moito que nos doia, o galego segue sen ser unha lingua de prestixio para a maior parte da poboación; é un fracaso colectivo e unha mostra de estupidez enorme, a min gústame menos que a ninguén, pero é o que hai. Sumado isto a que o panorama dos medios, en xeral, segue sendo aterrador, o que é un milagro é que sigan adiante espazos coma este do Galicia Confidencial. Menos mal!

Supoño que iso ten tamén moito que ver co que pasa na literatura galega. Por iso acudiches ao crowfounding?
É unha maneira fantástica para que, por unha banda, o editor non teña que adiantar un monte de cartos que neste tipo de proxectos habitualmente non se teñen; e, pola outra, para implicar aos lectores na edición dun libro. É chulo comprobar como hai xente que te apoia e que é capaz de deixarse os seus cartos, que seguro que non lle sobran, para botarche un cabo.

E cal é a recompensa para os que axuden á edición do libro
Hai unha serie de contrapartidas que se poden ver na páxina de Verkami do proxecto, que van dos 5 aos 900 euros, dos agradecementos eternos a un concerto de cancións sobre deporte para dez amigos, pasando, naturalmente, polo Bestiario en papel e outros libros e discos que editamos ao longo dos anos tanto Carlos coma min.

Por certo, sei que es un home que traballou na política, que non de político... Como ves a política hoxe en día?
Aínda con máis escepticismo do habitual. As idas e voltas da política están ben para encher horas de radio e páxinas de xornal, e para entreternos do que realmente importa: que o que decidimos é unha parte mínima da posta en escena, porque o guión xa o escribiron noutra parte e non hai dios que o cambie.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

8 Amancio

Duas cousas 1. A situación da lingua vai mudar cando os falantes deixarmos de perder o tempo a debater con castrapos que din que o galego non serve para nada. Debemos perceber que todas estas paxaradas de "es que la gente no habla gallego porque lo asocia con los nacionalistas" son meras escusas para eles esqueceren a lingua que din que "no es útil". Impórtanse tres carallos polo galego? Perfecto, é o seu dereito, eles a perden. Pior para eles e aínda pior se nós nos pomos a construir 2. Hai que renovar a análise sobre a situación da língua. A sociolingüistica que flirtea co marxismo non se probou demasiado acertada.

7 Vigués

Por que lle entramos ao trapo aos trolls internautas de galicia Bífida? Son o CM das redes sociais da banda e un extremista de HO de Vigo, xunto co vice do colectivo de dous membros. Son sempre os mesmos, o mesmo estilo de sempre aquí e noutros foros. Son provocadores natos, sen máis, é o que soen facer todos os grupúsculos minoritarios e xenófobos cando non teñen notoriedade pública.

6 Españolistas dades noxo

O galego, unha lingua de 260 millóns de falantes, é inútil. O castelán que se nos impón a todos é liberdade. A guerra é paz, a liberdade é escravitude, a ignorancia é forza etc.

1 Tior

No sabes ni sumar. Vuelve a la escuela, pero procura buscarte un buen profesor, es decir, uno que no sea un vago de la CIG. En Geografía te enterarás que Galicia tiene 2,7 millones de habitantes, y no todos hablan en gallego. Lo que se habla en Portugal, Ángola o Brasil, es otro idioma, bastante más diferente del gallego que el castellano, con respecto a lo que hablamos en Galicia.

2 Españolistas dades noxo

CURIOSO, como mínimo que todos os que rosman e cisman con manter o galego separado do portugués falen sempre castelán. Faille a un pensar en intereses nocivos, non? Eu na miña vida diaria desfruto coa conversa cos meus parceiros portugueses e brasileiros e non limito a miña lingua materna por indoutrinamentos españoleiros estúpidos.

3 Metilico_metro

Claro que é curioso! Hai tempo que me levo decatando diso: do discurso da inutilidade dunha lingua de tres millóns largos de falantes ao carón do discurso de mantela aillada da lusofonia e o saboteo sistemático da integración do galego coma lingua propia nese eido ( que si non ao portugués en Galiza, que si o galego que se promove é o portugués, confundindo os termos da integración que se intenta, tentando desprezar ao portugués, etc.). E non vexo isolacionistas a machacalos co seu propio discurso da utilidade a prol do galego para o futuro de Galiza. A resposta mais contundente inclúe economía, cultura, aproveitar o propio, o que temos, que penso que morrerían por ter por exempro os cataláns ou vascos. Posibilidades e futuro que o castelán non tén, nin poderá ter porque non dá máis que atrancos á Galiza.

5 Sarto

Para cando un libro que fale de mín?

4 Leo

Rapaces: el problema del gallego es que ya ha quedado asociado al fanatismo de la estrella roja, la imposición y al trinque de subvenciones. Con todo ello no tiene ningún futuro.

1 Bufffito

No se quieren enterar de que una lengua es, por encima de todo, un medio de comunicación entre hombres, y no un fin en si mismo para sus int€r€r€$ personalísimos y políticos; y como los ladrones y sinvergüenzas no suelen reconocer que lo son, estamos como estamos. Y frente a la evidencia de que existen herramientas comunicativas más prácticas y eficaces que otras, salen con la mística upegalla de autoodio y demás de su jerga. Bah, una tilita, que el progreso es imparable.

2 teutonio

No se quieren enterar yeye... que hai centos de millóns de publicacións académicas analizando as linguas e os valores que teñen máis aló do simple "medio de comunicación". Por moito que repitades o mesmo mantra neoliberal co que buscades clasificar as linguas por falantes e por utilidade, os idiomas son moito máis que un item no mercado. E isto dío a ciencia e trillóns de papers, estudos e teses doutorais escritas en calquera idioma. O progreso é imparable, e saber linguas e ser tolerantes coa diferenza é progreso, defender a ignorancia, o supremacismo e a preguiza é todo o contrario.

3 Leo

Pues sí, Bufffito. Por no olvidar de que la secta upegalla no inventó ninguna argumentación medio seria; sólo consignas para que el dócil rebaño bloqueiro las repita con facilidad. Eso del auto-odio no es más que la clásica manía de los españoles de hablar mal de nosotros mismos, tan bien descrita por Unamuno cuando decía que nada había más español que un nacionalista vasco. Tendrán una lenta y dolorosa agonía política, que se acelerará cuando pronto se haga una buena auditoría sobre los dineros trincados por los chiringuitos upegallos y los pícaros pseudoescritores que se forraron chupando subvenciones imprimiendo libros que no leen ni ellos.

4 Buffalo_Bill_Stone

Aquí importa moi pouco que chamedes feixistas aos demáis mentras vos sodes os mais feixistas e imperialistas defendendo a extinción das linguas propias. Importa pouco que faledes de gastar cartos promovendo linguas cando a castelá só se sostén gastando cartos e facendo gastar cartos á xente; e moitos cartos! O que importa é que promover a extinción do galego é una mamarrachada porque , económicamente, aos galegos non lles convén. E isto vai ser a pedra na que batades todas as veces, non hai máis que ver o que acontece co Feijóo. E agora falade do que sirve o castelán que aquí vos espero....buffeadores do metílico