Temas: PARLAMENTO

Constituído o novo Parlamento galego con promesas por Galicia, a liberdade e a República

Populares e socialistas xuran ou prometen o seu cargo, o BNG faino para “defender os dereitos nacionais” de Galicia e En Marea pola liberdade do “pobo galego”, a República ou os principios feministas. Villares di que “daría a súa vida” pola “liberdade da sociedade galega”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/10/2016 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Moitos xuros e moitas promesas se escoitaron este venres na Cámara Galega. Foi durante a constitución da X Lexislatura na que os deputados dunha e doutra cor política deixaron xa entrever cal será a súa loita ao longo dos vindeiros catro anos.

Constitución da Mesa da Cámara galega na X Lexislatura
Constitución da Mesa da Cámara galega na X Lexislatura | Fonte: EP

Os máis tradicionais foron populares e socialistas que xuraron ou prometeron o seu cargo. O presidente da Cámara, Miguel Santalices, procedeu a xurar o seu cargo, do mesmo xeito que fixo Diego Calvo, vicepresidente primeiro; mentres que a vicepresidenta segunda, Raquel Arias, optou pola fórmula de prometer, como Concepción Burgo, do PSdeG. Eva Solla, de En Marea, foi a primeira en variar a fórmula dos membros da Mesa da Cámara,cunha promesa fundamentada nos seus "principios feministas, republicanos e revolucionarios".

Era o anticipo de fórmulas semellantes que empregaron os seus compañeiros de escano, como Carmen Santos (Podemos) que puxeron como reto "construír unha Galicia xusta para todos" ou David Rodríguez (Anova) que, parafrasearon ao veterano nacionalista Xosé Manuel Beiras, evocou a Castelao para a "defensa da liberdade e a igualdade do pobo galego".

Pero o que máis chamou a atención foi Luís Villares, o portavoz de En Marea, e o último por orde alfabética, quen comprometeu a súa palabra e, "se fose necesario", a súa vida, á "alta función" de procurar "a liberdade, a dignidade e a felicidade da sociedade galega".

"Dereitos nacionais"

Os representantes do BNG repetiron a fórmula doutras lexislaturas e prometeron o cargo, aclarando que o fan "por imperativo legal", e comprometéronse a ser "fieis" a Galicia e a "defender os dereitos nacionais e sociais dos galegos" así como "a súa liberdade". Fixérono cunha rosa vermella e o libro de Sempre en Galiza de Castelao.

Pola súa banda, o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, coincidiu co seu portavoz parlamentario, Pedro Puy, ao prometer o seu escano; e membros do seu goberno, como o seu vicepresidente en funcións, Alfonso Rueda, preferiron xurar acatar a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

En canto aos deputados socialistas, todos eles, co seu portavoz, Xoaquín Fernández Leiceaga, á cabeza, decidiron prometer que cumprirán as leis.

Arco parlamentario

Previamente, Miguel Santalices foi reelixido xefe do Lexislativo ao recibir 41 votos a favor --o mesmo número de escanos que ten o seu partido-- e 34 en branco. Tras ocupar o seu asento, apelou a que a X Lexislatura que agora comeza sexa a do "respecto institucional" e pediu tamén que sirva para "profundar" na participación cidadá.

Tras unha sesión constitutiva que arrincou con protestas de traballadores de Isolux-Corsán e do Banco Popular no exterior do Pazo do Hórreo, o arco parlamentario ha quedou composto nesta X Lexislatura por 41 deputados do PPdeG, 14 de En Marea, 14 do PSdeG e seis do BNG, en base aos resultados das eleccións autonómicas do pasado 25 de setembro.

Temas: PARLAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 Sesese

O xuramento do xuiz e de coña non?

1 pílulas máxicas

Non. Disque ten unhas piluliñas máxicas, que as tomas e ves unicornios de cores e riste moito. A primeira dacha gratis para que probes se che gusta

2 Sesese

Algo así debe ser , outra cousa non se entende. Prometelle ti así no xulgado , veras que logo te chama ao orde. Pero a política e como unha casa de citas, vale todo.

5 Escachapedras

Aborreceremos sen o Beiras. o Villares é un muermo. A Pontón é unha xefa de gardería e o pobriño do Leiceaga durará o que dura un peido nunha hamaca... Hoxe faltaron as novatadas. Feijóo vaino pasar chachi piruli...

4 xos

Na prensa na rede cada vez quedan menos comentarios interesantes, e si frases cheas de odios de uns a outros, e dos outros aos demáis. Sodes un coñazo

3 Comunista

Os sipaios do BnG poderán xurar ser "fieis a Galiza", “á nazón de Breogán” e toda esa ladaiña identitaria que se montan. Pero mentres deban tantos millóns de euros, tantas subvencións e tantos favores aos seus provedores de Madrid, a súa única fidelidade e a súa auténtica obediencia vai ser só para coa Banca espaÑola. Así é a realidade destes farsantes.

1 Xoc

Falas da débeda de Izquierda Unida- Podemos que perdoaron os bancos? A saber a cambio de qué... Sería polo NON de Unidos Podemos ao PSOE en marzo e así facilitar máis PP? Gracias a Unidos Podemos, que votou en contra do PSOE, agora temos PP para anos. Esto son feitos, o demáis parole.

2 sacrificios

Ben mirado, a vida profesional que tiña ata agora xa a sacrificou con esa pobre, alopécica e acondroplásica imitación de Beiras. Se osa volver á xurisdicción contenciosa, vanlle chover as recusacións. A ver que estrana. A Podemos Galicia por certo nin se lles ve nin se lles oe, os de esquerda unida papáronlles todo e repartíronnos por Comisións das que non saben un pemento. Non lles dou 6 meses.