Izquierda Socialista apela aos galegos no Comité Federal para que, "por dignidade", non apoien a abstención

A federación autonómica da corrente do PSOE Izquierda Socialista (IS) apelou este venres aos once galegos con praza no Comité Federal para que, "por dignidade", non apoien a abstención na investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2016 | Actualizada ás 19:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A federación autonómica da corrente do PSOE Izquierda Socialista (IS) apelou este venres aos once galegos con praza no Comité Federal para que, "por dignidade", non apoien a abstención na investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno.

Diso deu conta a Europa Press o voceiro de IS en Galicia, Javier Quintela, quen reflexionou sobre que descoñece cál sería o resultado dunhas terceiras eleccións xerais para o seu partido pero que si ten claro que o que "non perdería" o PSOE é "a dignidade".

"Non podemos coroar ao PP e a Rajoy, con toda a corrupción que iso leva consigo e cos dereitos que quitaron a todo o mundo", sostivo, antes de incidir en que aspira a seguir formando parte dun "partido de esquerdas e de defensa dos traballadores e o público".

Dende o convencemento de que integrantes galegos do Comité Federal como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o exministro lucense José Blanco apoiarán absterse, pediu ao resto de membros da delegación galega que non perdan de vista a vontade da militancia.

En concreto, Javier Quintela requiriu a secretaria local da súa agrupación, a ferrolana Beatriz Sestayo, que "manteña" en Madrid "a mesma postura que na asemblea", a favor do, 'non' un posicionamento que foi apoiado de forma maioritaria polos afiliados da cidade.

DELEGACIÓN GALEGA

Os galegos con praza no máximo órgano do PSOE entre congresos son, ademais dos citados, o presidente da xestora do PSdeG, a santiaguesa Pilar Cancela; a presidenta da Deputación de Pontevedra, a viguesa Carmela Silva; e a líder local na Coruña, Mar Barcón.

Xunto con estas dirixentes socialistas, figuran os exdeputados autonómicos Marisol Soneira (Camariñas), María Quintos (Ourense) e Pablo García (Silleda); o senador lucense Ricardo Varela e o veterano socialista pontevedrés Antón Louro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta