Facenda destaca que Galicia se consolida entre as que pagan con máis axilidade, cun tempo 25 días inferior á media

Galicia mantense un mes máis entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo destaca a Consellería de Facenda a partir dos datos que publica este luns o Ministerio de Hacienda.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2016 | Actualizada ás 18:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Galicia mantense un mes máis entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo destaca a Consellería de Facenda a partir dos datos que publica este luns o Ministerio de Hacienda.

Con datos de agosto, en concreto, o tempo medio de pagamento situouse en 15,5 días na comunidade galega, 25 menos que a media, que foi de 40,6 xornadas.

A cifra é solo inferior en tres comunidades de réxime común (Andalucía, Asturias e Extremadura) e nas dúas forais. Mentres, seis autonomías incumpriron o período máximo de pagamento de 30 días que establece a lexislación.

En comparación co mesmo mes de 2015, o prazo medio en Galicia é máis baixo, xa que en agosto do ano pasado o tempo era de 22,66 xornadas.

Así, Facenda resalta nun comunicado que "Galicia continúa sendo a sexta con menor débeda comercial", cunha ratio de débeda/PIB do 0,58%, fronte ao 0,43% de media no conxunto das comunidades. Este indicador situouse en agosto en 332 millóns, un 24,4% menos que no mesmo período de 2015.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta